Mar, 12 Mar 2013, 12:22
Asunto: Re: VIG-BAY 2013 (17/03/2013)
mra94 escribió: |
habra cajoness? espero que si los hay no sea por numero de dorsal porque en mi primeria media que hice el mes pasado en coruña sin haberla preparado hice 1:17 y creo que en la vig bay pese al recorrido podia bajar varios minutos y me encuentro que me dan el dorsal casi cuatro mil, cuando en tiempo aproximado que ivas hacer puse una buena marca. Estan de coña? |
Cada carreira ten o seu criterio para dar o nº de dorsal. Hainas que che dan o número por orde de inscripción, outras que teñen en conta a túa marca na anterior edicion da mesma carreira. Aqui na Vig Bay imaxino que gardarán unha numeración para os primeiros clasificados do ano anterior, pero para o resto, non ten nada que ver o número coa marca que das na inscripción. Cando se recolle o dorsal, teóricamente no mesmo debe ir unha marca onde se che di a cal caixón vas. No teu caso debería poñer, ademais do nº 4000 e o que sexa, que poderías ir no caixón A ou B ...
Pero aí xa entramos no eterno debate dos caixóns. Estes están sinalados na zona da saida con carteis cunha letra e cor nos postes, e teóricamente cada quen vai á letra que lle corresponde por tempo: os que van a facer en menos de 1h e 20 nos caixóns A, B, ata a xente normaliña coma min que só aspira ás 2 horas que quedamos no caixón H. Se a xente fose honrada e realista, non habería problema ningún, pero sempre hai unha epidema de "descolacados".
A ver se este ano, ó sair en todo o ancho da Avenida de Samil non hai tanto atasco (aínda que o funil podería darse mais adiante, como ben dicidades xa nalgunha entrada)