mac-ray escribió: |
Pois si o máis importante é que sexa gratis... mal asunto. Carreira moi bonita con unha boa distancia tendo en conta o perfil da proba. A priori contábase con pouco nivel pola disputa no mesmo día da famosa Big-Vay. Pero vendo os tempos dos primeiros e a daniel de la torre entre os primeiros pouco máis queda que dicir. En canto a organización, hai que agradecer o esforzo que fan para acadar presuposto e medios para organizar a carreira, asi coma un montón de agasallos que se repartiron entre os participantes, sitio para aparcar o lado da salida, duchas aínda máis preto, todo xenial. Eso si, deben mellorar moitas cousas sobre todo a nivel "papeleo". Entendo que sexan unha asociación de veciños e non estén moi habituados a probas de atletismo, pero dende a entrega de dorsais ( retraso de media hora ) ata a entrega de premios sen listado coas clasificacións para poder comprobar que estaban ben etc. Unha carreira que estaba para as 10:30 , saín de ali casi as 15:00. Nos tempos que corren con un simple ordenador portatil adiantarian moito o traballo, xa que manipulaban o mesmo tempo para as clasificacións e levar control polo menos 10 libretas de papel. Houbo problemas cos premios, xente que quedou sin el despois de gañalo etc etc, na miña humilde opinión deberían pedir consello ou axuda a algún dos clubes cercanos que de feito participaron na proba, e seguro que houbera sido unha proba de 10. Entendo que o problema dos coches circulando polo medio da carreira co perigo que conleva xa é máis problema da policia e de protección civil, pero quizáis sexa o máis importante por seguridade, moito máis que a gratuidade da proba ou todo o resto. Para o ano espero poder repetir. |