Ven, 08 Mar 2013, 11:23
Asunto: I Circuito "Corre A Estrada Corre"
1.- INTRODUCCIÓN.
Neste ano 2013 poñemos en marcha “CORRE A ESTRADA CORRE”, que é o I Circuito de Carreiras Populares Concello da Estrada, e agrupa dun xeito organizado as carreiras populares que se disputarán o longo deste ano 2013 no noso concello, e que serán: o II Cross Rio Liñares, a II Nocturna Estradense e o III Memorial Manuel Bergueiro.
O obxectivo deste circuito de carreiras populares é poñer o alcance de toda a poboación esta actividade físico-deportiva e fomentar ca súa práctica habitos de vida saudables.
O I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, está organizado polo Concello da Estrada en colaboración co Club Atletismo A Estrada, iniciarase o día 24 de Marzo de 2013 e rematará o día 8 de Setembro de 2013.
Dentro do noso Concello ainda habrá unha carreira máis, que será a III San Silvestre Estradense o día 31 de Decembro. (1.609 metros), pero mantén o seu carácter lúdico non competitivo, polo que non está incluida no circuito.
2.- CARREIRAS.
As carreiras que forman parte do I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, son as seguintes:
1. II Cross Rio Liñares. Domingo 24 de Marzo. (8.400 metros).
2. II Nocturna Estradense. Sábado 22 de Xuño. (8.000 metros).
3. III Memorial Manuel Bergueiro. Domingo 8 de Setembro. (10.500 metros).
3.- PARTICIPACIÓN E CATEGORÍAS.
Poderán participar todos aqueles corredorres que así o desexen e para poder optar a algún dos premios, será condición indispensable ter rematado as tres carreiras. O I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” so contará con tres clasificacións: xeral masculina, xeral feminina e familiar, e puntuarán para o I Circuito os atletas nados en 1996 e anos anteriores, independientemente das categorías que poida establecer cada
carreira. Aqueles participantes nados despois do ano 1996 desexen competir na proba absoluta e asi participar no circuito tamén o poderán facer.
Unha vez comezado o I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, non se poderán realizar cambios nos equipos familiares, tendo o atleta que rematar o circuito co equipo elexido na sua inscrición o mesmo.
A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, probas convocadas ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes ca suficiente antelación.
As reclamacións ós resultados oficiais de cada carreira, deberán formularse verbalmente á Organización do I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor para cada caso. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
A descalificación dun atleta do I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, supón a pérdida de todos os puntos colleitados nas carreiras nas que participara dito atleta, tanto na clasificación individual como na clasificación familiar, non optando os premios existentes.
Serán motivo de descalificación:
Correr co dorsal ou chip doutra persoa. Serán descalificados ambos.
Participar con máis dun chip. Serán descalificados ambos.
Non estar inscrito na proba e participar na mesma con chip.
Realizar a inscrición alterando os datos.
Non atender as indicacións da organización.
Manifestarse con conducta antideportiva e/ou contra o medio
4.- CLASIFICACIÓNS.
As clasificacións do I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” e os seus premios serán para aqueles que se inscriban o circuito e na totalidade das probas dende un principio. Os participantes que participen en todas ás probas, pero anotadas individualmente en cada unha delas non optarán ós premios do I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”
Individuais:
A puntuación de cada atleta, corresponderase co posto de chegada na clasificación correspondente a sua categoría. Cada atleta sumará os mesmos puntos que a sua clasificación na proba que participa. (exemplo: 4º clasificado no II Cross Rio Liñares=4
puntos).
O vencedor de cada categoría será ó atleta con menor suma de puntos, así como o vencedor do I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”. En caso de empates teránse en conta:
1. O maior número de mellores postos clasificatorios.
2. A maior distancia en kilómetros percorridos.
Familiar:
Considerase unidade familiar a aqueles na seguiente línea de parentesco: avós, pais e netos. Non se consideran curmáns nin outros familiares.
Para que un equipo familiar puntúe nunha proba, será preciso que finalicen a proba polo menos dous atletas da unidade familiar independientemente do sexo.
Coma na categoría individual, cada integrante do equipo obterá os mesmos puntos que o posto realizado, e dicir, o primeiro un punto, o segundo dous, o terceiro tres e así sucesivamente, dentro da categoría na que compita.
A puntuación do equipo familiar nesa carreira será o resultado de sumar os puntos alcanzados polos seus integrantes na súa categoría, dividido polo número de atletas do equipo familiar participantes na proba; para o caso de participantes en idade Pitufos, a puntuación será por participación xa que non haberá clasificación (cada pitufo participante puntuará “-1” en cada carreira). Según o comentado anteriormente, os participantes na
categoría de pitufos, computan restando un punto sexa cal sexa a súa clasificación.
O vencedor da clasificación familiar será o equipo con menor suma de puntos, e en caso de empates teránse en conta:
1. O maior número de participaciones individuais nas carreiras.
2. O maior número de mellores postos clasificatorios.
3. Equipos mixtos ou femeninos sobre equipos masculinos.
5.- INSCRICIÓNS.
Os que queiran competir no circuito:
O atleta que queira estar incluido no circuito deberá pagar 15 € polo chip que utilizará en todas as carreiras. Se o finalizar o circuito, devolve o chip, devólvenselle 6 €. (O atleta que xa sexa propietario de chip amarelo de championchip non terá que pagar estos 15 €).
Ademais, a parte do precio do chip, os que participen no circuito, deberán pagar en concepto de inscripción 3 € por carreira.
Os que non queiran competir no circuito:
Se o participante non quere estar incluido dentro do I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, a inscrición por cada unha das carreiras será de 5 € ( 3 € de inscripción e 2 € por alquiler de chip)
O pago, as inscricións e a cronometraxe serán xestionados por
www.championchipnorte.com. A inscrición das categorías base (junior a pitufos), será gratuita e farase nos puntos de información habilitados para iso en cada carreira.
6.- PREMIOS.
Acadarán premio os cinco primeiros clasificados nas tres categorías existentes (xeral masculino, xeral feminina e familiar) no I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, e serán os seguintes:
CLASIF. XERAL MASCULINA CLASIF. XERAL FEMININA CLASIF. XERAL FAMILIAR
1º TROFEO+180 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+180 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+250 € (MATERIAL DEP.)
2º TROFEO+140 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+140 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+190 € (MATERIAL DEP.)
3º TROFEO+100 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+100 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+130 € (MATERIAL DEP.)
4º TROFEO+70 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+70 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+90 € (MATERIAL DEP.)
5º TROFEO+50 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+50 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+60 € (MATERIAL DEP.)
7.- INFORMACIÓN .
Mais información ou calquera dúbida relacionada coa organización do I Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” poderán dirixirse os teléfono 986.570.030 (horario de mañá), na páxina web
www.aestrada.com ou
www.championchipnorte.com e no correo electrónico deporteaestrada @ gmail.com.