Xov, 21 Mar 2013, 16:01
Asunto: Re: I Carrera CPI Vicente Otero Valcarcel, Carral (23/03/13)
Pare que se suspende para ese día y la cambian para el 25 de mayo, esto es lo que dice la organización:
"Estimados/as corredores/ras:
Hoxe día 21 de marzo recibimos unha notificación que vos adxuntamos indicándonos que a carreira non pode celebrarse o día 23 porque nestas datas non se poden realizar probas deportivas. Dende a organización seguimos todos os pasos e realizamos os trámites precisos en tempo e forma, mais sempre xurden contratempos. De tódolos xeitos, a carreira sigue adiante e celebrarase o día 25 de maio, manténdose a hora de inicio. Agradecer a todos e a todas a vosa confianza en nós e neste proxecto e pedir desculpas polos cambios que esta suspensión poida provocar na vosa planificación de carreiras. Esperamos tervos a todos o día 25 de maio mais se alguén non quere participar ou non pode asistir e quere recuperar o diñeiro da inscripción pode facelo, só ten que solicitalo á organización.
Desculpas e grazas pola confianza depositada neste pequeno proxecto que segue adiante."