Mér, 10 Abr 2013, 11:53
Asunto: Re: XV Carrera popular de Arteixo
DATA: MÉRCORES 1 DE MAIO
HORARIO:
10.45 Pre-atletismo (sen inscrición previa) 210 metros
11.00 Benxamíns-Alevíns 960 metros aprox.
11.15 Infantil-Cadete-Xuvenil 3.600 metros aprox.
11.45 Senior en diante 12.000 metros aprox.
LUGAR DE SAÍDA: Pazo dos Deportes
CATEGORIAS:
• Seniors (Masculino e feminino) Desde os nados en 1.990 ata os 34 anos. Os atletas junior e promesa considéranse senior nesta proba.
• Benxamín: nacidos 2005-2005 Homes e mulleres
• Alevín: nacidos 2002-2003 Homes e mulleres
• Infantil: nacidos 2000-2001 Homes e mulleres
• Cadetes: nacidos 1998-1.999 Homes e mulleres
• Xuvenil: nacidos 1996-1997 Homes e mulleres
• Veteranos: A: 35 a 44 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos B: 45 a 50 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos C: 51 a 55 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos D: 56 a 64 anos inclusive Homes e Mulleres
• Veteranos E: 65 anos en diante Homes e Mulleres
A CARREIRA É TOTALMENTE GRATUÍTA
O Concello de Arteixo e o Club Atletismo Arteixo organizan a XVI Carreira Popular Concello de Arteixo na que poderán tomar parte todas aquelas persoas interesadas. A distancia será de 12.000 metros aproximadamente. Cada quilómetro do percorrido estará sinalizado. Haberá avituallamientos no quilómetro 6 do percorrido e ao finalizar a proba. O percorrido das distintas categorías será o seguinte:
Carreira de pre-benxamíns:
• Hora: 10.45 Distancia 210 metros
• Nados anos 2005-2006-2007-2008-2009-2010-2011 e 2012
• Non se necesita inscrición previa.
• Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa
CIRCUÍTO A (Benxamíns-Alevíns)
• Hora: 11.00 horas Distancia: 960 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias ata Glorieta e volta.
CIRCUÍTO B (Infantís-Cadetes-Xuvenís)
• Hora: 11.15 horas Distancia: 3.600 metros aprox.
• Percorrido: Tres voltas ao seguinte circuíto, saída do Pavillón, Avda. Arsenio Iglesias, Paseo Fluvial ata entrada na parte posterior da piscina municipal.
CIRCUÍTO C (Senior en diante)
• HORA: 11.45 horas Distancia: 12.000 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Erbedins, Marciñado, O Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e chegada ao Pazo dos Deportes
INSCRICIÓNS:
• Poderanse formalizar gratuitamente e EXLUSIVAMENTE EN:
www.championchipnorte.com
• MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o DOMINGO 28 DE ABRIL, ás 24.00 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
• O día anterior da proba, na Piscina Municipal de Arteixo, en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.30 horas.
• O mesmo día da proba no Pazo dos Deportes ata 45 minutos antes do inicio de cada competición. Recoméndase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.
CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa Champion Chip Norte
TROFEOS E PREMIOS:
• Recibirán trofeo os 3 primeiros atletas absolutos clasificados da proba, tanto en homes como mulleres.
• Os 3 primeiros clasificados en categoría benxamín-alevín, tanto en homes como mulleres recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros atletas clasificados de cada unha das categorías na categoría Infantil-Cadete-xuvenil, tanto homes como mulleres recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros clasificados en cada categoría de veteranos, tanto en homes como en mulleres, recibirán trofeo.
• Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
• Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a do Concello de Arteixo, ben que resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo.Para optar a este premio deberá facer constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Arteixo.
• Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
• Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
• Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos.
• Todos o nenos e nenas participantes recibirán unha medalla conmemorativa
• Haberá sorteo de agasallos ao remate da proba
• As inscricións estarán limitadas a 1.000 participantes en adultos.
• A organización obsequiará con un agasallo a cada participante.
• A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a se mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
• Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos de todos os participantes. A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen, avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.
• O atleta terá a obriga de levar o dorsal claramente visible na camiseta de competición no momento de disputa da carreira.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descalificación.
• A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como ambulancia e médico na carreira. Durante a carreira, persoal sanitario seguirá o desenvolvemento da mesma, para poder actuar no caso de que se precise os seus servizos.
• A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Arteixo, así como de voluntarios do club atletismo Coruña Comarca, Club Atletismo Arteixo, Club Natación Arteixo, ACD Suevos CF e AD Arteixo.
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Pazo dos Deportes
• Haberá un “coche escoba” para todos aqueles corredores que non estean en condicións de finalizar a proba
• Os resultados publicaranse nas webs do Concello de Arteixo, así como nas distintas webs de ámbito deportivo que así o estimen oportuno e que se lles facilitarán a través do club.