Sáb, 30 Mar 2013, 23:13
Asunto: Re: Triatlo Longo de Caminha
Creo que estamos no de sempre e eu no de Caminha non teño nada...nin conozo ós organizadores, o de sempre é se a inscripción nunha proba é cara ou é barata, pois depende.
Considero que o nivel organizativo en Portugal é MUI ALTO e na FPT traballan mui ben.
E polo tanto, nunha proba podes pagar 25 € e ser un timo e noutra pagar 200 e ser un regalo.
No ano 1.993 paguei máis de 30.000 pts. por correr o Ironman de Lanzarote e pareceume barato polo nivelazo de proba a nivel organizativo.
Personalmente levo perdido miles e miles de euros organizando probas, empecei no ano 1.992 e si, por parte de muitos triatletas agradécense as palabras de agradecemento, pero os bancos non pensan o mismo.
Os organizadores de probas somos os que sempre estamos no punto de mira e baixo o xuicio de deportistas, "patrocinadores", que ahora non os hai...
Xa sei que naide nos obliga a organizar unha proba e eu non miro nada de malo en que un organizador gane diñeiro organizando unha proba se realmente o fae ben.
Os triatletas pagan unha inscripción e a cambio reciben unha serie de contraprestacións.
É normal que se nos exija un nivel de calidade, por suposto, pero os organizadores non sempre estamos o suficientemente valorados.
E polo tanto doenme comentarios sobre que os organizadores van ó negocio.
A min, en 20 días tócame empezar a organizar o Triatlo da Amizade. Dedicación a media xornada durante meses, non durmir....centos de preoucpacións...iso non se paga con diñeiro.
Levo retirado da práctica deportiva desde o ano 2002, retireime nun Campeonato de España de Duatlon de Larga Distancia.
14 Km. de carreira a pe, 60 Km. de bicicleta e 7 Km. de carreira a pe. Creo que éramos uns 200 participantes e eu quedei no puesto 31 ou 32...quedoume pena non poder quedar máis adiante pero...tiña que organizar e nos últimos 3 días non puden dormir e ademáis tamén traballaba nun turno de noite e ter que encargarse de muitos detalles da proba pois tampouco te deixa tempo para entrenar, nin siquiera para descansar, e da pena... que se conseguira rebaixar o meu rexistro nun par de minutos...metíame no top ten.
Creo que nunca terminei unha proba con tanta rabia, pensando donde podía haber quedado e ó ter que organizar, pois o agotamento non me deixou quedar máis adiante.
Gustaríame que se valorara ós organizadores dunha forma máis xusta. Somos os grandes olvidados....e se unha persona fae ben seu traballo, ¿qué ten de malo ganar diñeiro con iso?.
Unha bici vale diñeiro, a roupa vale diñeiro e o traballo dun organizador ¿non vale cartos?. ¿Temos que faelo de forma altruista?, ¿ten algo de malo ser un organizador profesional?.
O que paga a inscripción para unha proba, ten todo o dereito do mundo a exigir, por suposto, pero...¿qué faemos co organizador?, que organice, que traballe horas como un casaco, se non chega o diñeiro...que pague as facturas do seu bolsillo e se non lle chegan os cartos que os pida ó banco.
Todo isto pasoume a min.
Sinto ser, ó mellor, un pouco duro nas miñas palabras, pero agradecería que nos se tomara tan a lixeira o custe dunha inscripción...
E se nos respetara un pouco máis, hai comentarios que doen e muito...e pódovos asegurar que se nunha proba se fora ó negocio...as inscripcións custarían muitísimo máis.
Xa sei que a algún os meus comentarios lles poden sonar a batallitas do abuelo.
Pero eu, que xa finalicei 3 Ironmans, competín e centos de probas, maratóns, carreiras de montaña de ultradistancia...todo iso supón muitas horas de entrenamento e sacrificio...pois todo iso, ó lado do traballo do organizador dunha proba deportiva é mel, mel no, miel sobre hojuelas, no mundo do deporte non hai nada máis duro que organizar unha proba.
E o que teña algunha duda...que organice unha proba ou senón...que se poña en contacto conmigo, ofrezo inscripción gratuita e aloxamento dunha semana a todo aquel que queira vir a axudarnos a organizar o Triatlo da Amizade, se nos sigue o ritmo de traballo...xa non lle faerá falta entrenar.
Vémonos o último domingo de setembro.