Mér, 10 Abr 2013, 7:50
Asunto: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA
Na páxina de AROUSA.COM aparece esta magnífica inciativa.
--------------------------------------------------------------------------------
15 de Xuño: ULTRA TRAIL DO BARBANZA (68 ou 35 km.)
Hora: 07:00 h. (9.00 h. Ruta B - 35 km.)
Saida e chegada: Ribeira (San Martiño de Oleiros)
Organiza: Concello de Riveira e Arousa Natureza e Ocio
Distancia: 68 km. –ou- 35 km.
PRESENTACIÓN
A Ultratrail do Barbanza pretende ofertar ó participante non só kilómetros de ruta, senon paraxes de extrema beleza. Porque o Barbanza é mais que praias, illas, lagoas e marismas. O Barbanza é sobre todo unha serra, encumbrada por un monte que lle da nome: Monte Barbanza.
Pretendemos levarvos non só a esa cumbre, senon ás dúas vertientes da serra: a da ría de Muros-Noia; e a da ría de Arousa. Aportando outra visión e outra fisonomía ó concepto que a xente ten das rías.
A ruta transitará por sitios tan emblematicos coma o alto dos Forcados, a Fervenza da Madalena, o Grallal, Iroite, as mamoas e dólmenes do Barbanza (incluindo a Casota do Páramo e moitas da ruta das mamoas), o Monte Barbanza, a Calzada Romana de Vitres, e a Ponte e ruinas da Misarela. Todo esto nunha única xornada. Unha ruta de 68 km. capaz de impresionar a cada kilómetro e á vez facer querer atoparte con algo novo. A oferta é inigualable, podendo percorrer toda a historia da bisbarra nun só día: dende os monumentos naturais que estaban ahí antes que o home (Forcados, Fervenza da Madalena), pasando polas primeiras pegadas que estes deixaron (mamoas e dólmenes), para continuar cos asentamentos das primeiras civilizacións (calzada romana de Vitres), e rematar na idade media (Ponte da Misarela e ruinas do mosteiro).
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
A Ultratrail do Barbanza está composta de dúas rutas cos seguintes detalles técnicos:
Distancia Desnivel+
Pendiente máx.
Pendiente med.
Tempo max.
Avituallamentos
68 km.
2430 m.
37%
6,5%
14 h.
7
35 km.
1420 m
39%
7,5%
8 h.
4
MAPAS E PERFÍS
Como se espera dunha proba deste tipo, os perfís non deixan lugar a dudas da dificultade do recorrido. O reto é superar todas e cada unha das crestas cas que nos imos atopar.
RUTA A: 68 KM - 2430 m. de desnivel+
RUTA B: 35 KM. - 1420 m. de desnivel+
Ver ULTRA 68 KM en un mapa más grande
Ver ULTRA 35 KM. en un mapa más grande
REGULAMENTO
A Iª ULTRA TRAIL DO BARBANZA organizada polo Concello de Ribeira e por Arousa Natureza e Ocio, celebrarase o 15 de xuño do 2013. A proba estará suxeita ó seguinte:
REGULAMENTO XERAL
•PERCORRIDOS:
◦O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e será de 68 km. na distancia da ruta A, e de 35 km. na distancia da ruta B, ámbalas dúas debidamente sinalizadas.◦O desnivel acumulado positivo para a ruta A é de 2400 m. (aprox.), e para a ruta B é de 1.400 m. (aprox.)◦A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.◦A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal. ◦Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada. ◦Establécense os seguintes tempos máximos a partires dos que a organización non garante a asistencia, polo que os participantes deberán abandonar a proba:■Ruta A:■Km. 21 – 4:00 h.■Km. 43 – 9:00 h.■Km. 68 – 14:00 h.■Ruta B:■Km. 17 – 3:30 h.■Km. 35 – 8:00 h.•PARTICIPANTES:◦Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.◦Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal. ◦Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.◦Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.◦Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.◦A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
◦Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
•MATERIAL:
◦É obrigatorio antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
◦É obrigatorio levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
◦É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
◦A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal. ◦A organización ofrece a posibilidade de desplazar unha bolsa por corredor ata o km. 43 (km. 17 para a ruta
que deberá identificar debidamente. A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material contido nesa bolsa.•INSCRICIÓNS:
◦As inscricións realizaranse unicamente a través da web
www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
◦O prezo da inscrición é de 20 € para a ruta A, e de 15 € para a ruta B.
◦A inscrición da dereito a participar na ruta escolleita. Só se permiten cambios entre as rutas ata 3 días antes da proba.
◦O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
◦O prazo de inscrición ábrese o 15 de abril e remata o 2 de xuño. Aquelas que cheguen con posterioridade a esa data veranse incrementadas en 5 €, e só se aceptarán ata o 10 de xuño como máximo.
◦A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
◦A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
◦A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
•AVITUALLAMENTOS:
◦A organización disporá de avituallamentos de líquidos e sólidos ó longo do percorrido, cun mínimo de 7 avituallamentos na ruta A, e 4 na ruta B. Aproximadamente cada 10 km.
◦A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
◦Relación de avituallamentos:
■Alto dos Forcados (A e
km. 10
■Pousacarro (A) km. 21
■Iroite (A) km. 32
■Portela (A) km. 43 – km. 17 (B)
■Piñeiro (A) km. 50
■Alto dos Forcados (A) km. 59 – km. 28 (B)
■Balteiro (A) km. 68 – km. 35 (B)
•RETIRADA DE DORSAIS:
◦O mesmo día da proba dende as 6.00 h. ata 15 min. Antes da saída.
◦O día anterior da proba nas instalacións do Camping Ría de Arousa dende as 17.00 h. ata as 20.00 h.
◦Cada ruta estará definida por unha cor no dorsal.
•TROFEOS:
◦Entregaranse tres trofeos por categoría que quedan do seguinte xeito:
■Senior: ata 39 anos (masculino e feminino)
■Veterano: a partir de 40 anos (masculino e feminino)
◦Diploma acreditativo co tempo total empregado en realizar a proba.
◦A entrega de trofeos realizarase a partir das 19.00 h. no lugar da saida.
•DESCALIFICACIÓNS:
◦Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
◦Si o participante retira sinais da carreira.
◦Si o participante non remata o percorrido.
◦Si o participante non atende as indicacións da organización.
◦Si o participante non porta o material obrigatorio.
◦Si o participante atenta contra o medioambiente.
•OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
◦Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
◦A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.