Ven, 12 Abr 2013, 11:24
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA
O motivo, de ter as ultras nesas datas supoño que será o mesmo para todos os que organizamos algo: o horario e a climatoloxía.
Precísanse moitas horas de sol para levar a cabo estes desafio, e non só para facelo, senon tamén para organizalo, e recollelo (alguén se fixo a idea que todo o que está montado cando pasades, logo hai que retiralo?).
E por outro lado, trátase de atopar unha data que permita un clima benigno, tanto en temperatura coma en inclemencias. Si ben é certo que xa estamos afeitos a correr con choiva, vento, e ata neve, cando se traza un percorrido coma o desta ultra e se ven as paisaxes, vals, rios, fervenzas, chairas, e todo o entorno polo que pasa, preténdese non só poñer a proba a cada individuo senon que se axude psicoloxicamente de querer chegar máis alá non só motivado polo esforzo senon tamén polo entorno. E ahí temos que recoñecer que si o día esta "caprichoso" afecta moito ó rendemento.
A verdade e que habería que inventar meses de 50 ou 60 días para espacialas máis.