Lun, 15 Abr 2013, 17:57
Asunto: Diario de Franki
Anímome a contarvos, non sei se a aburrirvos ou non, iso xa vos diredes.
Empecei a correr no 2006, 38 anos, porque era o que podía facer, desde 2003 viña facendo traballo de ximnasio, spinnig, aerobic, de todo un pouco.
Fixen natación até os 15 anos, entrenabamos animaladas auténticas en 2 e tres sesións 6 días a semana, isto deixoume unha gran capacidade aeróbica e un gran corazón

40 pulsacións en repouso.
Estou coa vista e as pernas postas na Maratón de Coruña desde o comezo deste ano.
Son corredor solitario, só me relaciono co mundo nas carreiras, a parte da Rede claro
Entre setembro e decembro entreno 4 días correndo, 1 de piscina e un suave de elíptica, estiramentos e relación social. Eses catro son dúas sesións de 1:20-1:25 de ritmos entre 4:30-5 min/km, outro de series curtas, entre 30-40´ con quecemento e enfriamento, que totaliza 80´, e outro día de madrugón (os venres normalmente) entre ás 6 e 7 da mañá rodar todo o rápido que poida.
Desde xaneiro pasamos a 5-6 días correndo, e un de elíptica, estiramento e socialización.
Luns ás 3 da tarde
-Rodaxe de 1:20 facendo ritmos que se aproximen ao maratón.
Martes (e Xoves)
-Os dous adicados a elíptica, estiramentos, carreira suave ou descanso.
Mércores ás 3 da tarde
-Series curtas. 14 de 400 rondando 1´20, con recuperación a trote 90´
Sábado ás 2 da tarde
-Series largas.
Comezamos con 8 series de 1000 que comezaban en 3:45 e remataban en 3:30 con 90´de descanso (baixo a 80-90 pulsaciones)
4 series de 2000 de 7:40 a 7:20 co mesmo descanso, as últimas foron a unha media de 7:25 (7:30 a 7:20)
Pasando polas de 4 de 3000 e 3 de 4000 que conseguin facer a medias de media maratón (menos de 3:50) en progresión acabando os últimos mil a 3:40. Co mesmo descanso.
Venres ás 6 da mañá
-A rodaxe do madrugón que vai como pode, durante unha hora e algo, o mesmo percorrido urbano. Incrementando os ritmos.
Domingo ás 8 da mañá
-Unha rodaxe longa de 2 horas, e achegandose ao Día imos facendo ás 2 horas e media. Incrementando os ritmos.
Fin da presentación.