Mar, 16 Abr 2013, 16:33
Asunto: Re: 10.000 paralelo maraton coruña
Estaba pensando inscribirme ou non para a paralela dos 10.000 deste finde na Coruña. Hoxe ás 24 horas remata o prazo facelo, e agardei a inscribirme para ver se me recuperaba fisicamente. Finalmente, penso que estou para correr. Ben, a sorpresa é que vou facer a inscripción, e me piden 38 €!!
[Isto é o que reza: Populares y resto de federados no poseedores de chip amarillo: Desde el 11 de marzo de 2013 38 €]
Se a isto sumo autopista ida e volta (6,20 + 6,20) mais o gasoil dende Teo (preto de Santiago) uns 10 litros ida e volta, e polo tanto uns 13 euros, supón que por participar nunha carreira, teño que gastarme 63,40 €.
Evidentemente, non vou pedir que me paguen o transporte, pero de verdade é necesario poñer uns costes de inscripción de 38 €?
Dende logo, nesta ocasión, e no meu caso particular, perderon un participante.