Ven, 19 Abr 2013, 8:07
Asunto: Re: test 2*6000 maraton
Eu queria incidir sobre unha cuestión, este test é unha estatística, é unha media, polo tando é só unha referencia e así se debe tomar. Non ten en conta máis que un resultado final.
Pareceme moi útil pero debe ser cruzado coa propia experiencia.
Eu o ano pasado fixen o test, os primeiros 6000 a 4:30 e os segundos a 4:00 e me custou, fixera a Vig-bai progresiva, de 3:57 a 3:53, 1:22:30 ao final, os 10 da Uvigo a 3:42.
Na maratón fixen 3:03 empecei a 4:23 e acabei a 4:17.
Moi por debaixo do que indicaba o test, non?
Este ano a Uvigo foi algo peor, a 3:43. A Vig-Bai saiu ao reves, empecei a 3:50, e acabei facendo un ritmo de 3:52, 1:21:30
E o test deste ano foi: primeiro 6000 a 4:18 e segundo a 3:46.
Se me guío polo test deberia ir para o mesmo tempo que o ano pasado pero se me gui pola miña experiencia podería tentar ir a menos de 4:10.
A diferencia de entrenos é a experiencia, menos sobrecargas, máis quilómetros e series máis longas, e estou con 74 quilos e o ano pasado andaba en dous menos.
A miña conclusión e decisión é que vou ser prudente, vou facer caso ás miñas sensacións e non forzar, irei a 4:16 para pasar a media a 1:30, facer caso ao corpo e se me sinto ben apreto con prudencia.