Dom, 08 Xan 2006, 22:04
Asunto: Balance
Globalmente, fermosa carreira a de hoxe en Xinzo:
1º.- Ameazaba néboa, mais despois abriu o sol, e as condicións foron optimas.
2º.- Percorrido chán, e mixto: á beira do río, polo centro do pobo, por asfalto e por terra. Co feixe de carreiras quebrapernas que temos en Galiza, agradécese, ainda que sexa para variar, que algunha sexa chaira.
3º.- Boa participación. Penso que pasabamos dos 150 na carreira de adultos.
4º.- Excelente zona de meta, con bo aparcamento á beira do pavellón.
5º.- O único pequeniño fallo foi que aos que chegamos ao final, non nos deron bolsa-regalo (acabáronse) e a cambio levamos camisetas da Carreira Nocturna celebrada no pasado verán tamén aquí, na capital de Limia.
6º.- Pinchos e chocolate no bar do pabellón, ao rematar a prova (moi bo detalle nun día fresquiño coma o de hoxe).
En fin, foi un día agradable de atletismo, onde nos vimos os de casi sempre.