Xov, 22 Mar 2007, 0:40
Asunto:
Leeu alguén a sección de "Cartas al director" de La Voz de Galicia de hoxe (mércores, 21 de marzo)?
A nai dunha nena critica o feito de que, ó rematar a carreira, só lle daban pan con chocolate ós nenos/as das Pontes, en lugar de darlle a todos os demáis.
Eu non fun á carreira polo que non sei se isto foi así ou non e tampouco coñezo a ninguén da organización. Se iso foi así a verdade é que non parece moi xusto, pero de todos modos penso que poñer iso no periódico non creo que sexa a mellor solución.
Teño organizado eventos deportivos de modo altruista e podo asegurar que é complicado e conleva moitos sacrificios, que só sabe quen os sufre. Nunca organicei carreiras, pero ten pinta de ser tremendo (varios foreiros, como Lestrove, Derek e algúns máis que tamén organicen carreiras seguro que o saben moi ben).
Por iso, para un organizador, ver esa carta no periódico ten que ser moi duro. Flaco favor se lles fai dese modo a estes heroes. Que nun evento así haxa erros é moi fácil e moi normal; todos debemos ser comprensivos con esta xente. Non?