xose9 escribió: |
Correr descalzo .... Sería fermoso, pero neste caso non o recomendo, xa que hai un tramo por asfalto e po-la praia únicamente con calcetíns, xa que o roce durante 10 km. coa area poderíanos dana-los pes. |
xose9 escribió: |
Moitas grazas po-lo teu interés na nosa carreira. Agardamos poder contar contigo e que disfrutes dela. Contestando ás tuas preguntas: 1- O pabellón de deportes está a 1,5 km. aproximadamente 2- Ainda que nas bases pon que a recollida de dorsais é ata as 10.45 h., non hai ningún problema, haberá unha persoa encargada da entrega de dorsais ata 10 minutos antes da saida dos adultos, é dicir, ata case as 12.30 h. 3- Restaurantes para comer ben, pois está o Café Bar Moderno, no centro da vila de Barreiros, a 2 km. de onde se celebra a carreira, con comida caseira e excelente trato (Tfno. 982 124 085), xa nas mesmas praias Restaurante Oliñas do Mar, a 1,5 km. da meta, con especialidade en parrilla de carnes (Tfno. 982 124 120) e Restaurante La Yenka, a 5 km. da meta, finalmente Restaurante Asador, no cruce de estradas que van de Barreiros a Viveiro e de Barreiros a Lugo-Coruña-Santiago ... Calquer outra información non dubidedes en solicitala. Grazas. |