Dom, 19 Mai 2013, 21:33
Asunto: Re: 10000 del Soplao 2013
De volta da Ultra do Soplao. Segunda ultra e segundo abandono, espero que a terceira vaia a vencida, pero non creo que sea este o caso.
Decidin parar no km 81 nunha, o meu parecer, sabia decisión
quedaban moitos km, terminaria de noite e comezaba a chover, que unido o frió e ó vento faria bastante duro o resto da carreira. O máis que podia conseguir era arriscarme a unha máis que probable lesión cando xa iba cas pernas moi cargadas e notando algun dolor.
Moi tranquilo dende o principio, sin malgastar a máis mínima enerxia. Nada de arriscar nas baixadas, forzar nas subidas ou seguir ritmos que non me conviñan. Pasados os primeiros 30km, os máis duros por ser monte a traves e con moito barro, a noite fixose curta, ata chegadas as 5 da maña, nun tramo de monte donde pegaba o vento sin parar e despois, baixando un val no que a humidade da maña agrandaba a sensación de frío.No avituallamento do km 45 tiven que botar 10 min o lado do lume para recuperar o tacto nas mans. Ata ahí todo dentro do guión previsto, a ritmo tranquilo pero dentro dos límites e coas forzas bastante intactas.
Ó pouco dese punto de control comezaron os problemas, unha intensa sensación de malestar, parecia que non tiña forzas para seguir o parsimonioso ritmo que levabamos. Un intenso dor de estómago fixome pensar seriamente en parar
decidin aguantar un pouco, logo descolgueime da rapaza coa que compartin a maioria da proba. Por sorte funcionou, desapareceron as molesteis, recuperein sensacións e continuein a bo ritmo ata volver alcanzala.
A partir do km 60 xa o anímo non era o mesmo, moita da xente que viña por atras e outro que marchaban por diante a pouca distancia retirabanse, as monotonas pistas forestais facianse interminables (a vez que aburridas) comezaban a notarse as pernas cansadas, e o puñetero vento non paraba, obligando a ir todo abrigado pese a estar a pleno mediodia. O redor do 70 unha das rapazas decide parar. No seguinte tramo (outra interminable e monotona pista
) comezo a valorar a retirada, fago os meus calculos, a favor e en contra.... De quedar 20 ou 25 km (30 quizais) houbese arriscado e intentar terminar... pero con 45 por diante
(porque non eran 113km,
eran 126 , 124 confirmoume un dos organizadores despois de rematar). Finalmente parein no 81 (aproximado), un par de horas esperando para que alguen da organización me viñese recoller, ata que apareceu un amable home da zona que me levou ata Cabezón, e despois a descansar. Mirando o lado positivo, hoxe xa estou bastante descansado e sin apenas molestias... listo para volver entrenar, que boa falta me fai
En canto aos pros e contras da proba... un pouco de todo cousas a favor e outras en contra, tamen dependera das persoas, para cada un seran distintos.
O ambiente era bo, moito público sobre todo nos primeiros km(espectacular a saida e o paso por Ruente). Os avituallamentos ben, habia máis dos que se marcaban no recorrido, pero como comentou outro corredor cun dos organizadores non costaba nada poñelos todos na web da carreira.
O recorrido e para gustos, pero gustoume máis a primeira parte, máis tecnica e alternando sendeiros con pistas e monte que o resto, por donde te metias por pistas kilometricas que desgastaban sobre todo mentalmente.
O de compartir camiño cos ciclistas para os espectadores pode ser bonito, pero para os que vamos a pé non resulta agradable ter que ir mirando de reollo aos ciclistas que se aproximan, ver pasalos a gran velocidad cerca tua (uns máis que outros) e arriscarte a que nun lance desafortunado algun te leve por diante.
Vamos, que un pouco de todo. Obxetivo cumplido a medias (esperaba poder facer polo menos 80km), pero siguenme (polo momento) quedando moi grandes estas probas
Socio fundador del club de fans de Safardatxo
-------------------------------------------------------
Ni Religión, ni Rey, ni subcontratas