Ven, 23 Mar 2007, 20:50
Asunto:
Varias cousas... unhas pareceránvos ben e outras non. Non sempre chove a gusto de todos.
Primeiro: realmente, como dí
Khene, hai méritos engadidos que non aparecen no video... e non todos os casos de parálises e de enfermidades son comparables... non vou afondar máis no tema porque non é momento nen lugar.
Segundo: tamén coñecía a historia deste pai e este fillo. Se mal non lembro xa houbo no seu día un fío neste foro no que se poñían videos distintos desta parella e eran menos "lacrimóxenos" dende logo.
Terceiro: non é por fastidiar, pero sinceiramente paréceme unha propaganda dalgún movemento relixioso... neste caso ademáis dun aire ianki absolutamente evidente (non é por nomear a ninguén pero ten un "
tufiño" evanxelista bastante grande). Advirto que non son creente nen practico máis que por respeto e educación (bodas, bautizos e funerais... coma os das orquestas) así que son especialmente crítico coas relixións en xeral... e con algunhas en particular por razóns persoais. Somentes espero non ter ferido a ninguén. Gracias.
Meus Deus (expresión popular)!!! Púxenme serio nunha mensaxe!!! Debo estar enfermo!!!!