Mar, 07 Mai 2013, 8:05
Asunto: Re: Acuatlón no concello de Camariñas en xullo
Tinatineta escribió: |
Unha pregunta indiscreta: que é o primeiro Aquathlon fai? Eu si que sería o primeiro! e estrenarme é unha boa reputación e bo paseo. Como un novato, que tería que traer materiais |
Nos últimos 15 anos competín nun par de acuatlóns, en varios duatlóns, en catro triatlóns, en varias travesías a nado, en tres cronoescaladas (en bici claro) e nunha morea imposible de determinar de carreiras a pé (calculo que nunhas 200 ou así).
En cambio o que é organizar pois non me prodiguei case nada, xa que aparte de colaborar na organización dalgunhas probas, ná de ná. Pero bueno algunha vez ten que sela primeira e, co que teño visto nas competicións ás que fun (con organizacións excelentes en case tódolos casos) espero que nos poidamos arranxar.
Sobre materiais a traer pois iso vai un pouco a gusto de cada un, pero aparte do bañador e as zapatillas pouco máis, xa que o gorro para a natación poñeriamolo nós. Podes traer as gafas de natación se queres (eu nunca as uso pero case todo o mundo as leva), unha toalla para deixala en boxes e secarte no paso da transición de nadar a correr e xa está. Pero como che digo nisto da vestimenta hai onde elexir e moita xente compite cos traxes típicos de triatlón para non ter que enredar tanto nas transicións.
De todos modos hai xente no foro que che pode axudar moito máis ca min neste e noutros aspectos, pois a pesares de tódalas probas nas que levo competido, non penses que son un experto nin moito menos; sonche un participante máis (de tantos...) que vai ás competicións co único obxectivo de pasalo ben. Saúdos e anímate.