Mér, 08 Mai 2013, 19:29
Asunto: Re: Carreras en Galicia..populares??
Estou flipando!!!! Mirade eu emepecei con isto do running e por consecuencia nas carreiras populares fai menos dun ano. Viña do MTB, e a verdade é que non fun a moitas populares, iria a 3 ou 4.
O ambiente nas carreira pra min é moi bo. Hai de todo, como en todos os lados. Podoche dicir que nesas carreiras que participei quedei entre os 100 ultimos, pero importame unha merda. Paseino de medo.
Está claro que isto non é unha oposición na que o primero marca o corte, jajajajaa, solo faltaría. Eu fixen o que puden pero sempre dentro dos meus obxectivos. Hai xente que entrena moito para unha carreira, fai dieta, fisio, natación, semanas de adestramentos... está claro que esa xente ten como modo de vida o running. Eu en cmabio corro porque me gusta me entreten, coñezo xente, poñome en forma, perdo uns kiliños, melloro a capacidade pulmonar, poñome moreno....
Eu endexamais deixaría de participar nunha carreira por culpa de xente "pro" (non pretendo ofender a ninguén). E máis, de ese tipo de xente a da que podes aprender e moito...
Para rematar un par de anedotas. Nunha carreira que se celebrou en Sada (Navarra) estaba nesa vila por motivos familiares, e vendo que se celebraba unha popular de 10K decidin apuntarme. Nunca correra 10K nunha carreira, pero o levei moi ben. Cometin un erro de principiante e salin coma un foguete os primeiros kms, pero logo.... Aiiii pero logo, a partir do km 7 pensei que morría ali, lonxe da miña terra, ajajajaja, de repente aparece cando máis estaba sufrindo un tipo por fora da valla cun dorsal, o 734 (nunca o esquecerei), ponse a correr ao lado de min e a darme animos, moitos ánimos, eu miraba pra él e pensba que estaba de coña, pero acompañoume ata a meta... Ao chegar ven a saludarme e dime "cuando te vi con esa cara de sufrimiento no pude contenerme a ayudarte. Yo nunca he sufrido así". De repente pola megafonia anuncian a entrega de trofeos e tal e este tipo sube é era o segundo...
Con todo isto quedome con que aínda que a xente que corre moito non lle regalan nada, solo faltaria, a xente que corremos menos ou case nada sufrimos tanto ou máis cos primeiros...
UUFFFF perdon polo tocho