Lun, 13 Mai 2013, 21:13
Asunto: Re: 2ª Edición Carreira Popular Concello de Poio
Vouvos contar de xeito aproximado como é o perfil da carreira de Poio.
Trátase dun percorrido de 7.000 metros que se distribuen do seguinte xeito:
Empeza totalmente chan durante 1 km (rodeando o campo de fútbol), excepto os últimos 50 metros que forman parte dun pequeno repecho.
A partir da ahí vai chan con algo de baixada e despois subida durilla de 200 metros (xa estamos no km 1,5).
A continuación vaise relativamente cómodo ata o km 2; subida tendida durante 500 metros e empezamos a baixar suave ata o km 2,8.
Durante 1 km tiramos para arriba alternando co algo de chan (esta parte lévase ben).
Empezamos a baixar durante 500 metros (pasamos polo km 4) para volver a subir durante 600 metros.
Estamos no km 4,8. A partir daquí todo baixada ata a meta.
Último kilómetro totalmente chan (ó redor do campo de fútbol).
!Os km estarán marcados no chan para que sirvan de referencia¡