Dom, 12 Mai 2013, 19:01
Asunto: Re: XVI Media Maraton de Vigo - 12/Mayo/2013
A carreira estivo moi ben, pero dura si que é, bastante máis dura ca Vig-Bay, e para os que non toleramos ben a calor ainda peor, (andaba a busca das sombras).
Pero, é que na 2ª volta como quen di é todo subida dende o 15 ata o 20, e a min o que me terminou de rematar, foi que eu contaba iniciar a baixada a falta de 2 Kms como na 1ª volta, e ainda quedaban máis de 500mts. de subida. Ahí baixei considerablemente o ritmo e decidín rematar o máis dignamente posible.
Polo meu crono saiume 4" por debaixo de 1h30 e no neto ponme 1h30'01, e a un compañeiro pasoulle igual.
Esperemos que se consolide e haxa máis edicións, que agora o perfil xa o coñecemos.