pablobaio escribió: |
O acuatlón que tiñamos pensado celebrar o vindeiro sábado día 27 queda APLAZADO ata nova data. Non pensei que organizar algo tan sinxelo fora tan complicado. Resulta que nos piden un moreón de permisos e trancalladas varias que fan que nos resulte imposible telas para esa data. Por iso temos que esperar a que nos cheguen (nestas datas todo cristo está de vacacións así que sabe Dios cando chegarán). Quero pedirvos PERDÓN a todos os que queriades participar e xa vos avisarei da nova data se é que finalmente o facemos porque xa non sei...Saúdos |