Lun, 13 Mai 2013, 7:16
Asunto: Re: I Carreira Popular das Praias - Barreiros (12/05/13)
Todas as suxerencias son ben recibidas.
O dos dorsais xa nos imaxinábamos, pero tiñamos un presuposto 0, nin para imperdibles, así que nesta ocasión foi así. Trataremos de solucionalo, ó igual ca outros fallos.
En canto ás pedras, ahí pensamos que son parte da naturaleza e contra iso non se pode loitar. Xa falaramos co Concello diste tema e fixeron unha proba botando area, pero ó subir a marea levou todo. Como ben dicides, mellor así que con cemento. Igual para o ano que ben está todo con area. Incluso nos vimos obrigados a cambiar un pouco o percorrido, xa que cando fixemos o 1º trazado, unha subida era por un "carreiro" que empregan os pescadores, pero coas últimas mareas e choivas, houbo un pequeno derrube e resultaba imposible subir e baixar por alí.
Outros accesos? Estaríamos na mesma situación e teríamos que facer máis circuito po-lo paseo marítimo.
Como ben dice uns dos compañeiros organizadores, neses sitios hai que ir despacio.
Aquí queda un enlace de prensa do luns 13 de maio.
www.lavozdegalicia.es/...3C8993.htm