Lun, 20 Mai 2013, 8:10
Asunto: Re: 10ª Carreira Virxe da Guía (Carreira-Ribeira) 17/05/13
Bos días: En primeiro lugar en nome de toda a organización da carreira, agradecer todas as mostras de ánimo que estamos recibindo, o cal anima un montón a seguir artellando este tipo de historias.
Por outro lado, si ben é certo que sempre gusta máis recibir eloxios que críticas, a verdade é que o que realmente axuda para mellorar os fallos que ocurren en carreira, é comentalos. Esas críticas constructivas que axudan, a que entre todos, entre vós e nós, fagamos mellores carreiras ano a ano.
Así que nesta primeira tanta, quería pararme en dous dos detalles que se comentaron máis arriba:
-Tema quad de peche de carreira. Non podo estar máis de acordo con Isa López, xa que o ano pasado estuven facendo "de escoba" con vehículos de motor moi cerca (un todoterreno, varias motos, etc.) que estresaban un montón. Este ano, nas numerosas xuntanzas previas, había falado de manter unhas distancias mínimas e evitar vehículos a motor. Había un grupo de 5 ou 6 bicicletas así como un corredor escoba. A última hora por aquelo de ter un vehículo “rápido” que pudese retirar a algún corredor lesionado, permiteuse a que un rapaz do pobo fose no quad (“o chimpín que decía Isa”
) pero algo fallou que ningúen lle dixemos que mantese unha distancia prudencial suficiente para que os corredores non escoitasen o ruído. Daquela, touché, asumimos erro organizativo!!