Ven, 17 Mai 2013, 12:13
Asunto: Re: 2ª Edición Carreira Popular Concello de Poio
INFORMACIÓN METEOROLÓXICA
Segundo os datos que proporciona hoxe a páxina de windguru ¡non choverá! , repito: ¡non choverá! o día da carreira.
Espéranse temperaturas entre os 13º e os 15º con nubosidade por debaixo do 20% e ventos frouxos. É dicir, condicións perfectas para botar unha carreiriña sen sufrir por mor da climatoloxía.
En definitiva, que empregar a excusa do mal tempo para non acudir a esta festa da carreira non sirve.
P.D. Que sigan así as prediccións!