Xov, 30 Mai 2013, 8:14
Asunto: Re: VI C.P. Río Mao Bóveda 2013 - 26/05/13
Boas a todos.Quixera felicitar a Asociación Horticelos polo seu ben facer nesta carreira.Parabéns.Conseguiron dende o meu punto de vista manter a esencia do que debe ser unha proba popular,feito este que semella esta a caer en desuso,con pancetada popular,agasallo simbólico,avituallamentos e todo de balde.
Pero si que hai algo que me gustaría comentar,i é que como corredor local sentin unha enorme tristura de presenciar o mal acondicionado que estaba o percorrido.É evidente que o colectivo Horticelos non ten nin medios materiais nin tan siquera ecónomicos para afrontar os desbroces das cunetas por onde pasou a carreira,nin tan siquera é propietaria deses viais para facelo.Participo asiduamente en carreiras,e isto rara vez pasa,e por poñer exemplos cercanos no tempo,para que nos demos conta de que a herba tiña dimensions semellantes,o percorrido da Ferreirúa daba gusto velo,e o mesmo dicir,aínda con mais mérito si cabe,en Paderne de Allariz.
Dudo moito que tanto os concellos da Pobra do Brollón,como o de Paderne de Allariz teñan unha bonanza ecónomica superior a do Concello de Bóveda.
Simplemente penso que é deixadez dos que nos gobernan,que non empregan o sentido común,e insisto,como veciño de Bóveda,gustariame pensar que non o fan a mala fé,pero moito me temo que se fai consecuentemente para torpedear o acto.
Que todos reflexionemos en busca de empregar o sentido común.
Saudos