Ven, 24 Mai 2013, 20:53
Asunto: Re: ¿Hay dinero para el atletismo o sólo es populismo?
Eu creo que o que debe facer a federación e incentivar que se xente se meta nas pistas de atletismo, ben sexa como participante ou como espectador.
Levar as probas de fondo a unha pista de atletismo fomentaria o coñecemento de todas as disciplinas atléticas. A parte de que ( de non ser asi que alguen me corrixa) parece bastante máis barato e facil de organizar unha carreira (medias e maratóns aparte) nunha pista que non levala o medio dunha cidade:
-problemas de cortes de trafico
-problemas para os peatóns
-necesidade de policia, protección civil, vallas,... e demais historias
-etc
Cando na pista hai:
-acceso a vestuarios
-distancia perfectamente homologada (podendo darlle dia de descanso os gps
)
-circuito marcado, sin dudas de si vale ir polas aceras
-espacio para que os espectadores sigan a proba completa
O atletismo é moito máis que fondo, está claro que a nivel popular é o que vende pero, igual que nas carreiras hai espacio para a élite, os bos, os mediocres e os rematadamente malos... tamen poderia haber espacio para lanzadores, saltadores ou velocistas paquetes.
As carreiras en ruta extenderon abundantemente o seu elenco de participantes, ata alcanzar un punto no que se pagan burradas por participar, proliferan as tendas especiliazadas (tampouco nada baratas) e aumenta o interés das marcas por "mostrar" os seus atletas.
A cuestión e facer o mesmo co atletismo en pista, que os atletas acudan a participar, que a xente acuda como espectador e finalmente que por un lado as marcas se interen por aparecer nesos eventos e por outro os medios de comunicación de darlle cobertura. Porque si non se logra recaudar, malamente se poden dar axudas, pagar premios , fichas de equipos....
Socio fundador del club de fans de Safardatxo
-------------------------------------------------------
Ni Religión, ni Rey, ni subcontratas