faraon escribió: |
O Trail gañouno José Manuel Corral de Carballiño, que está demostrando ser un dos "xefes" da montaña creo que con un tempo de 3h 38'. Estivo un día estupendo, pero por algunha razón os tempos de casi todos os participantes empeoraron con respecto ao o ano anterior moito máis do que se podía prever con ese Km que din que tiña de máis. Polo demais xa sabedes...unha paisaxe incrible a do Courel, pero unha carreira rompepernas a tope que nos fixo sufrir a casi todos. En todo caso xente da provincia de Ourense como o propio Corral ou Adolfo Garrido parece que non o notaron e fixeron unha extraordinaria carreira (para información de Diego) Eu víñenme nada mais rematar e non teño moitas noticias do Ultra; unicamente que Riobóo e Expósito corrían como si de unha carreira curta se tratara, e o que me sorprendeu en xeral o rápido que correron todos o primeiro tramo no que coincidimos...espero que lles fose ben. |
guti290971 escribió: |
Pois eu cheguei de penultimo na ultra. Iba de ultimo no 36 de Seoane cuns calambres que me impedian cambiar de calcetins. pensei en abandonar , inedito en min, pero os animos de Aguita e Jeff me serviron para levantarme da silla e completar o resto da proba camiñando case todovo rato. Pero adiantei a un corredor na devesa ainda mais lento ca min. pillounos o escoba e asi baixamos ata as gominolas de Moreda. Ali me fun e fixen unha pila de kmts en solitario ata o acampamento. logo a Vilela e por fin a meta , perdendo o trofeo para o ultimo. non se pode ser ultimo sempre !!!!!!! |
PMT1370 escribió: |
Hola a todos, sensacional día de carreira onte no Caurel, increible de novo a GMTA, Moitas gracias por facernos disfrutar de esta maneira. Eu fixen a corta a pesar de que as forzas e o meu entreno, ainda pa corta, suelen irme bastante axustadas. Pero claro as sensaciones cas que rematas sempre son encontradas, por un lado moi contento de superarme e de ser capaz de disfrutar de este sacrificio, pero por outro lado estan eses outros/as, os verdadeiros mostruos, eses que correr a larga e que fan que te sentas muy pequeniño, que volvas a casa decindo pero que pouco espiritu de sacrificio teño eu, simplemente admirable o que fai esta xente. A que ven isto, eu coma outros moitos marchamos onte antes de que os da ultra acabarán, oxe a maña levanteime e me picaba a curiosidade por quen ganaría, como acabaría o último, non sei unha pequena crónica da carreira, 4 liñas da GMTA, a estes grandes homes e mulleres que fan este gran esforzo, pois non había maneira. No Marca, o Pais , a Voz todo falan de cousas cotidianas, a champions, o fichajes do Madrid, os nenos dos coches en monaco etc... os que estubemos onte no Caurel queremos cousas mellores, no mundo das redes sociales con 50 mil maneiras de se comunicar, como podemos estar desinformados. Por favor no on entendades egoistamente, desde o meu interés, senon da honra que se merecen todos os que correrón e disfrutarón do Caurel. MOITAS GRACIAS GALICIA MAXICA TRAIL |
guti290971 escribió: |
encantado , coma sempre da organizacion dos rapaces de GMTAe colaboradores,comaLinkin, Aguita, Banderas, Jeff, Marcos,Moutiño, Martins, Lupe e o resto dos compañeiros Fun ata o Courel ca tropa de Boimorto: Norris, Susana Rial, Diego e o ordense Rafiki. Atopámonos co Blas , Pocholo, Miguel e Damores onde nos hospedamos, casa Chaos, en Paderne, onde o dono, Jesús, foi encantador . Na charla vin a amigos coma Dipper, co quen en primeira fila na escola atendimos as Moutiñadas que nos preparaban para o dia seguinte(prado con ortigas moi bravas) Xa na carreira coñezo a Bernardocoruxo, saudo a Rabacallos, Mond, Meicendan, Magono, Maxi,Chuki, Palomo, Adolfo, Pablo Feijoo... Impresionantes os meus colegas no seu debut en ultras :Susana, Diego, Rafiki e Norris, que chegaron a meta de dia ou case. Susana foi terceira senior.....impresionante. Moi ben Magono, quitandose a espiña do ano pasado. Lamento os abandonos por lesión de Damores, Pocholo e sobre todo Maxi, pois tiña collons para acabar o ultra cunha ferida moi fea na perna, pero que necesitaba sutura. Mou, apuntame a do ano que ven. xa che ingreso mañá os cartos, e dame o dorsal nº 1 , porfa... |