Dom, 02 Xuñ 2013, 17:55
Asunto: Re: Olimpico de riveira
Copio, e pego dende a páxina da FEGATRI:
"I TRÍATLON CONCELLO DE RIVEIRA
Campionato Galego de Tríatlon distancia curta.
Organiza:
Lodeco S.L."
Agárrense que ahora viene la chicha...
185 participantes : 20 mulleres e 165 homes.
Medios dispoñibles, para un día no que os
refachos de vento oscilaban entre os 40 e 60 km/h sehún Meteogalicia:
1 embarcación.
1 embarcación para controlar a 185 persoas, que se desorientaron, que non vían ás boias, e que non foron atendidas, porque os medios foron pésimos, paupérrimos, ínfimos, nulos ...
É unha vergoña, que cando hai máis licencias ca nunca, máis ingresos, máis inversión, máis cultura deportiva, máis facilidade para conseguir apoios (de clubs locais, para conseguir medios), isto non se aproveite...
Eu , por outros motivos, participei na proba popular, pero aínda que tiña presa por volver á casa, quedei para ver a saída da proba...
Caíaseme o alma ós pes ao ver cómo 2 individuos nunha zodiac, eran os únicos para axudar e socorrer a 185 persoas...
Non voto a culpa a ninguén dos que alí estiveron por parte de Lodeco SL. Nin moito menos estou a falar dos voluntarios...
O que me doe, é ver cómo non se dispoñen de medios, por desidia.
Non é a primeira proba de triatlón que se disputa en Galicia... pero parecíao.
Un descontrol enorme.
Menos mal, que non houbo que lamentar ningún incidente grave.
¿Pero que pasaría se algún dos desorientados, que nadaban cara o porto, ou cara a esquerda en diagonal e sen rumbo, lles dese un corte de dixestión, ou un ataque de ansiedade?
¿Que ocorrería se lle pasa iso a dous participantes que se encontren uns nun punto, e o outro ao lado contrario, se só hai unha embarcación...?
Unha embarcación que ten que controlar ás mulleres (que saen antes), que non se desorienten, que cheguen ate as boias es que as pasen corretamente. E logo ese grupo únese o dos homes... e xuntanse 200 personas ás que hai que axudar, e ademáis guiar e controlar que non atallen...
A proba foi un caos na T1. UN CAOS.
E todo por falta de medios por parte dos organizadores.
¿Tanto custan 3-4 piraguas no auga, de apoio? ¿E outra zodiac?
¿Tanto custa poñerse en contacto con algún clube de remo do lugar, para solicitar axuda e apoio? ¿Ou de lugares limitrofes, como o clube de remo da Pobra (tardei 2 min. en atopalo en google...)?
En fin, podería seguir extendéndome... pero non quero parecer pesado.
Volvo a dicir, que a min non me afectou.
Eu corrin na popular, pero ía participar no Cto. Galego, e por obrigas tiven que cambiarme.
Paréceme vergonzoso o que o LODECO acaba de facer cós 185 participantes nesta proba.