Lun, 27 Mai 2013, 18:23
Asunto: Re: VII Subida Rocas - O Eirado (Concello de Esgos)
Dende o Concello de Esgos, entendemos, comprendemos e respetamos tódalas aportacións, recomendacións, queixas, etc, etc. Consideramos que debería haber tamén premios en metálico para homes e mulleres igual que hai trofeos para todos e clasificacións independentes de homes e mulleres.
Pero por desgracia a situación económica non permite manter máis que un premio único por record absoluto da proba.
Esta proba comezou a organizarse gracias a un montón de veciños que sin cobrar nada quixeron axudar a unha corporacion municipal dun Concello pequeno, con poucos recursos e con moita ilusión. Esta dotación económica foi pensada simplemente para facer chamativa a proba e para unhos poucos extraterrestres que nos deleitan ca súa presencia na proba. A andaina e carreira e eminentemente popular e esa é a nosa finalidade; que participe moita xente, que o pasedes ben e que os federados, semiprofesionais e profesionais teñan ese aliciente dos 500 euros que están ó alcance de moi poucos. Nada máis temos que decir; únicamente dar as gracias pola vosa presencia en tódalas edicións celebradas e animar a que participedes este ano.
Estamos rematando a limpeza dos camiños e sinalizando os percorridos para que todo resulte ben.
Esperámosvos en Esgos o día 9 de Xuño.