Foros ›
I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Mai 2013, 12:38
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Xa está aberta a inscrición da Carreira 5+5 PonteNoite 2013

www.championchipnorte....dex/id/941
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Mai 2013, 13:00
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

REGULAMENTO DA CARREIRA 5+5 PONTENOITE 2013

PREVIO Á CARREIRA

1. DATA: O Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e coa dirección técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizan o sábado 15 de xuño de 2013, a partir das 21.30 horas, a “Carreira 5+5 PonteNoite 2013”

2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

CATEGORÍA - IDADE MENOR - IDADE MAIOR - HORA SAÍDA - DISTANCIA
Chupete - Dende 2013- Ata 2008 - 20.30 - 150 m.
Pitufo/a - Dende 2007 - Ata 2006 - 20.45 - 300 m.
Benxamín - Dende 2005 - Ata 2004 - 20.45 - 300 m.
Alevín - Dende 2003 - Ata 2002 - 20.50 - 750 m.
Infantil - Dende 2001 - Ata 2000 - 21.00 - 1.300 m.
Cadete - Dende 1999 - Ata 1998 - 21.00 - 1.300 m.
Xuvenil - Dende 1997 - Ata 1996 - 21.10 - 2.600 m.
CCCP 2013
Júnior - Dende 1995 - Ata 1994 - 21.30 - 10.000 m. / 5.000 m.
Sénior - Dende 1993 - Ata veteranos/as - 21.30 - 10.000 m. / 5.000 m.
Veteranos/as 1 - De 35 anos - A 39 anos - 21.30 - 10.000 m. / 5.000 m.
Veteranos/as 2 - De 40 anos - A 44 anos - 21.30 - 10.000 m. / 5.000 m.
Veteranos/as 3 - De 45 anos - A 49 anos - 21.30 - 10.000 m. / 5.000 m.
Veteranos/as 4 - De 50 anos - A 54 anos - 21.30 - 10.000 m. / 5.000 m.
Veteranos/as 5 - De 55 anos - A 59 anos - 21.30 - 10.000 m. / 5.000 m.
Veteranos/as 6 - De 60 anos - A 64 anos - 21.30 - 10.000 m. / 5.000 m.
Veteranos/as 7 - De 65 anos - En diante - 21.30 - 10.000 m. / 5.000 m.

Haberá dúas saídas simultáneas ás 21.30 horas; unha será para os/as participantes na distancia de 10.000 metros (que puntuarán para o CCCP), e outra para os/as participantes na distancia de 5.000 metros (que non puntuarán no CCCP). Quen se inscriba nunha categoría non disputará a outra.

Todos os corredores que acrediten nos anos 2012 ou 2013 (no momento de inscribirse) un tempo igual ou inferior a 35 minutos 00 segundos na distancia de 10.000 metros, ou 1 hora 15 minutos 00 segundos en medio maratón, terán un recinto preferente para tomar a saída.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.

A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Senior e Veteranos ata as 23:59 horas do día 12 de xuño de 2013 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba e serán na web www.championchipnorte.com

Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 18.00 ata as 20.00 horas), no propio edificio do Concello de Pontevedra indicando o nome do/a participante e ano de nacemento.

COSTES DE PARTICIPACIÓN 10.000 m (CCCP) OU O 5.000 m
Inscrición por cada deportista Junior, Senior ou Veteranos/as 10 € para o 10.000 e 5 € para o 5.000
Persoas Junior, Senior ou Veteranos/as desempregadas o día da carreira (con D.A.R.D.E.) 0 €
Deportistas inscritos no Circuíto de Carreira de Pontevedra (CCCP) 2013, 0 €
De non contar con el, aluguer para cada deportista de chip de control de tempos (é obrigatorio o seu uso) para as categorías Junior, Senior ou Veteranos/as 1 €
Resto de categorías “de menores" 0 €

Os/as deportistas inscritos no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2013, non pagarán ningún tipo de inscrición nesta carreira. As persoas interesadas en pertencer ao CCCP 2013 terán que informarse en www.championchipnorte.com

No caso de que o/a deportista das categorías Junior, Senior e Veteranos que se inscriba e pague, estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde e a Organización devolveralle os cartos (polo mesmo medio que fixo o pago), agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá carto algún. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.

5. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar cunha acción social, poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

6. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade é achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta. De non ser así os estacionamentos públicos de pago máis próximos á saída, son os da praza de España e Av. Montero Ríos. A zona de aparcamento de balde recomendada é no peirao das Corbaceiras (San Roque), xunto á Autoridade Portuaria de Marín – Pontevedra.

7. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase nas instalacións do edificio do Concello de Pontevedra na praza de España dende o venres 14/06 en horario de 17 a 20 horas e sábado 15/06 das 11 h ata as 13 h e das 17 ata as 20,30 horas. Para que todas as persoas de fora da comarca de Pontevedra cheguen a tempo á saída, prégase aos veciños e veciñas da comarca que pasen previamente a recoller o seu dorsal.
Os/as deportistas inscritos no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2013, que participasen nalgunha das anteriores carreiras deben de usar o dorsal vermello entregado naquelas carreiras. As persoas do CCCP que non recolleran a bolsa do corredor (ou o dorsal) poden pasar a recollelo no mesmo horario anterior.

8. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un médico/a para a atención.

9. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
Categoría - Hora saída - Distancia en metros - Cor do dorsal
Chupetes - 20.30 - 150 m. - Negro
Pitufos/as ou Pre-benxamín - 20.45 - 300 m. - Negro
Benxamín - 20.45 - 300 m. - Negro
Alevín - 20.50 - 750 m. - Negro
Infantil - 21.00 - 1.300 m. - Negro
Cadete - 21.00 - 1300 m. - Negro
Xuvenil - 21.10 - 2.600 m. - Negro
Junior - Senior - Veteranos/as 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 - 21.30 - 10.000 m. (CCCP) ou 5.000 m

10. AVITUALLAMENTO. A carreira de 10.000 contará con avituallamento líquido no kilómetro 5 (aproximadamente). Ao remate de todas as carreiras haberá avituallamento sólido e líquido axeitado.

11. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o Xuíz Árbitro, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

12. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

13. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

14. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.

15. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición na sede do propio Concello de Pontevedra (praza de España, s/nº), preto da zona da saída.

POSTERIOR Á CARREIRA

16. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...

17. PREMIOS. Haberá unha clasificación final absoluta para o 10.000 e outra para o 5.000.

Categoría 10.000:
- Todos os corredores/as inscritos no CCCP 2013 que corran o 10.000 puntuarán para o Circuíto de Carreiras de Pontevedra 2013.
- Premiarase como vencedores absolutos do 10.000 aos tres primeiros homes e mulleres en rematar.
- Os/as vencedores absolutos do 10.000 recibirán o premio correspondente, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
- Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados/as das categoría Júnior, Sénior e todas as de Veteranos/as na carreira do 10.000.

Categoría 5.000:
- Premiarase como vencedores absolutos do 5.000 aos tres primeiros homes e mulleres en rematar.
Absoluta 10.000 (CCCP) masculina e feminina cun 1º, 2º e 3º Trofeo
Absoluta 5.000 masculina e feminina cun 1º, 2º e 3º Trofeo

Na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira

Todos os deportistas masculinos e femininos absolutos que cheguen a meta nos postos 100º, 150º e 200º das carreiras do 10.000 e 5.000 serán obsequiadas cun mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com

18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 23.00 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio.

19. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Sociedad Gimnástica Pontevedra (Teléfono 986 871 248 de 10 a 12 h. e de 18 a 20 h.) ou no correo-e info @ sgpontevedra.com
ulrich

Foreiro Senior
Foreiro Senior
12/02/10
50 Carreiras
522 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 27 Mai 2013, 16:40
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Bien va cogiendo forma la cosa vamos
jomer

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/03/11
15 Carreiras
59 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 28 Mai 2013, 7:46
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

apuntado, correr en casa es obligatorio
ddiego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/12
0 Carreiras
96 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 28 Mai 2013, 7:55
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Lo que no se sabe es desde dónde se dará la salida, y por dónde discurrirá la carrera. Alguien sabe algo?
Somachigum

Maratoniano
Maratoniano
7/06/11
9 Carreiras
273 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Mai 2013, 9:00
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

ddiego escribió:
Lo que no se sabe es desde dónde se dará la salida, y por dónde discurrirá la carrera. Alguien sabe algo?

La salida si que se sabe, almenos siempre han dicho que sera desde la Plaza de España a las 21:30.

El recorrido supuestamente tenían hace unos dias una reunión con la Policía Local porque ese fin de semana había bastantes actividades en la ciudad, esperemos que hayan conseguido llegar a un acuerdo y lo develen pronto.
perrocabron

Novo foreiro
Novo foreiro
14/09/08
0 Carreiras
48 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Mai 2013, 11:25
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Me parece increible que pretendan cobrar 10€ por una carrera de 10Km que 10 dias antes de celebrarse ni se sabe el recorrido... Tenia pensado ir, pero va a ser que no.
CACHOFOUCELLAS

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/11/05
200 Carreiras
1072 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 28 Mai 2013, 15:34
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Tranquilo perrocabron, el circuito será por las calles de Pontevedra. No te vas a perder.

Gran idea para disfrutar de la ciudad por la noche

ricardotero.com/deporte
ulrich

Foreiro Senior
Foreiro Senior
12/02/10
50 Carreiras
522 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 28 Mai 2013, 18:42
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Tienes razón cachofoucellas parece ser que va a ser por el centro, centro, buena idea
ddiego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/12
0 Carreiras
96 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 28 Mai 2013, 21:42
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Tiene buena pinta, y si es por el centro será en su mayor parte llana... Gracias Somachigum. La verdad es un poco cara en comparación con otras, suerte que estoy inscrito en el circuito.

Un saludo
Somachigum

Maratoniano
Maratoniano
7/06/11
9 Carreiras
273 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Mai 2013, 8:16
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

ddiego escribió:
Tiene buena pinta, y si es por el centro será en su mayor parte llana... Gracias Somachigum. La verdad es un poco cara en comparación con otras, suerte que estoy inscrito en el circuito.

Un saludo

Desde luego al ser por el centro y nocturna va a ser una carrera preciosa, lo que no estoy tan deacuerdo es que vaya a ser llana (al ser por el centro significa casco antiguo) y eso quiere decir cuestas, no tendrá un gran acumulado ni rampas muy duras pero será un constante sube y baja al estilo de la carrera HQR o la san silvestre que pese a no ser carreras duras tampoco son carreras cómodas para coger un ritmo.
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Mai 2013, 12:45
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Xa está o percorrido no Facebook do Circuíto de Carreiras de Pontevedra....

www.facebook.com/Circu...Pontevedra
layo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
19/03/11
0 Carreiras
70 Mensaxes
Carril
Respostar citando Envío Mér, 29 Mai 2013, 13:50
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Aparentemente é bastante chan, eu non coñezo exactamente todo o percorrido pero parece que non hay costas?
Somachigum

Maratoniano
Maratoniano
7/06/11
9 Carreiras
273 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Mai 2013, 14:38
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

Me conozco ese recorrido como la palma de la mano y las cuestas son bastante tendidas y llevaderas (la que detrás de la iglesia de Campolongo sobre 150 m muy suaves, Andres Mellado y un tramo de Sagasta sobre 200 m también suaves con los primeros 100 m mas picados pero no mucho, Arzobispo Malvar son sobre 450 m y se hace bien [es una de las subidas de la media de Pontevedra pero ahora se llega hasta Plaza España] y San Xosé que son poco mas de 60 m y se hace de maravilla) , eso si, las cuestas abajo que hay son para darle zapatilla por lo que va a ser bastante mas rápido de lo que había pensado y me a sorprendido muy gratamente, me temía un circuito muy ratonero por el casco antiguo.
ulrich

Foreiro Senior
Foreiro Senior
12/02/10
50 Carreiras
522 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 29 Mai 2013, 18:03
Asunto: Re: I 10.000 Nocturno de Pontevedra (15/06/13)

De acuerdo contigo somachigum, pero si sumas tus propios datos al final es 1,8 km de subida, muy tendidas pero subida al final, pero pienso que si va a ser rápida, saludos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos