Foros ›
San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (07/07/2013)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
teijeiro71

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/03/06
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Mai 2013, 22:22
Asunto: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (07/07/2013)

Xestión de actividades deportivas 2013, en colaboración co Excmo.Concello de San Xoán de Río, convídavos a I Cronoescalada Popular e Andaina a San Xoán de Río que terá lugar o dia 07 de Xulio a partir das 10:00h. Esta crono vai dirixida a tódolos amantes das carreiras e andainas de montaña que gosten dos retos, e queiran disfrutar da espectacular natureza e paraxes que ofrece iste concello do Macizo Central, con vistas entre outros lugares a Peña Trevinca, Manzaneda, e a espectacular fraga enclavada no Concello de San Xoán de Río.

REGULAMENTO


PERCORRIDO

O percorrido consta de 9 kms. Partirá da Ponte Nova ( na confluencia do Río Navea e o Río Bibei ). pasando polas aldeas de Navea, Valdonedo e San Miguel, estás dúas últimas xa correspondentes o Concello de San Xoán de Río) cun perfil que a continuación se expón.

A dificultade da proba é Alta. O percorrido estará perfectamente sinalizado

PARTICIPANTES

•Poderanse inscribir na Carreira Popular os deportistas mayores de 16 anos.
•Poderanse inscribir na Andaina os maiores de 18 anos , e os menores de idade sempre que vaian acompañados dun maior de idade.

INSCRICIÓNS

As incricións faranse a través do formulario exposto no seguinte enlace:

docs.google.com/forms/...g/viewform

actividadesdeportivas2013 @ gmail.com

Tlf de Contacto da Organización:

Xosé - 680127821

Javier- 635712461


O prazo de inscricións vía internet, rematarán as 22;00h do Xoves 04 de Xulio sendo o custo da participación de 10€ .

Aqueles que desexen participar na proba e non estén inscritos na data sinalada, tamén poderán participar previa pago de 10 euros no momento da saída pero non terán dereito a camiseta. Sí, o resto do publicado.

O pago farase mediante transferencia bancaria/ingreso antes do dia 19 de Xuño no seguinte número de conta 0049-0560-26-3394836019 do Banco Santander, con indicación de nome e apelidos, número de D.N.I. e poñendo en concepto de “ Carreira ou Andaina”

O importe da cuota non é reingresable no caso de non poder participar.

A cuota de participación é a mesma tanto para federados como para deportistas sen licencia federativa o tratarse dunha proba que non se atopa no calendario da Federación e ser de carácter popular.


RETIRADA DE DORSAIS

A retirada de dorsais terá lugar na Saida, entre as 9:30h e as 9:45h os participantes na andaina, e entre as 10:15 h e as 10:45h os/as participantes na carreira . No momento da recollida do dorsal deberan mostar o resgardo do pago.

Todolos los participantes teran asignado un dorsal que tera que ser visible no desenrolo da proba.

SEGURO

Tódolos participantes estarán amparados por un poliza de seguro médico para dar cobertura a posibles accidentes deportivos e coa presencia dunha ambulancia.

Asomesmo a organización da proba ten contratado o seu correspondente seguro de responsabilidade civil.

Tódolos participantes terán que atoparse en perfecto de saúde, non facéndose responsable a organización dos accidentes derivados dalgunha enfermidade. Coma por ejemplo, enfermedades cardiacas, respiratorias, óseas, etc

Os participantes deberán atender todalas indicacións da organización.

O participante asume toda a responsabilidade nos posibles danos propios e alleos que poudera ocasionar por conducta neglixente ou imprudente.

Protección Civil, e voluntarios da organización situaranse en puntos determinados do percorrido, para auxiliar aos corredores, e controlar que se cumpran as normas e o percorrido establecido


HORARIO

A Andaina comenzará as 10:00h da mañá, e a Carreira as 11:00h

ACCESOS A PROBA


Tres son os os puntos para chegar o lugar da Saída da Proba ( Ponte Nova ):

1º Pola estrada N-120 no punto kilométrico 476, nos desviamos dirección Montefurado / Salto/ Central hidroeléctrica. Pasaremos polo “poblado” de Covallos e atravesaremos a Central.,seguido viramos a esquerda, dirección Casares e de aí o punto de saída da carreira


2º Pola estrada Ou-536 ata o Alto de Cerdeira, onde nos desviaremos a esquerda a San Xoán de Río e dende alí ( liña de chegada ), baixar polo percorrido da proba.


3º Pola estrada Ou-636 e o chegar a Pobra de Trives , coller a estrada Ou-0755 ( polo Cuartel da Guardia Civil) dirección Barrio e baixar ata a liña de saída. Ou ben, ao chegar a Pobra de Trives seguir dirección Ourense pola Ou-536 e o chegar o Alto de Cerdeira, desviarnos a dereita, dirección San Xoán de Río.


PREMIOS E AGASALLOS


Tódolos participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento agás os que se inscriban a proba o día da saída.

Levarán trofeos os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas da carreira

Haberá un avituallamento completo o finaliza-la proba, na esplanada do Centro Cívico-Cultural do pobo, onde a súa vez se lles agasallará os participantes con bebida, comida e música con motivo da festividade do San Xoán


OUTRAS CONSIDERACION

A Organización reservase o dereito a modificar o percorrido, número de participantes, distancia, data e horario, se é que fora necesario para preservar o correcto desenrolo da proba, se así fora aconsellable, o por causas de forza maior.


Cada corredor inscrito cede o seu dereito de imaxe en prol da organización para facer uso das mesmas na elaboración de reportaxes, videos e fotografías.

A organización reservase o dereito de modifica-la Normativa en beneficio do bo funcionamiento da proba.

O descoñecemento de este regulamento no exime do seu cumprimento.




Última edición por teijeiro71 o Mar, 18 Xuñ 2013, 18:31; editado 2 veces
vistahermosa

Montañés
Montañés
28/02/10
145 Carreiras
1431 Mensaxes
Terra de Afiadores
Respostar citando Envío Xov, 30 Mai 2013, 11:38
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (23/06/2013)

Aplaudo a iniciativa, e pareceme moi ben, pero coido que non estuvestes moi acertados na data, xa que pa ise mesmo dia xa leva tempo anunciada outra carreira de montaña moi preto da voxa, en Chandrexa de Queixa.
De todos modos, moita sorte.
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Mai 2013, 13:34
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (23/06/2013)

Sumome o dito por vistahermosa,magoa a data,non podemos dividirnos.Encantariame participar nese sitio tan fermoso,pero xa estou inscrito para chandrexa.Sorte de todos modos
callosraba

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/08/12
0 Carreiras
406 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Mai 2013, 14:11
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (23/06/2013)

A verdade é que o Cañón do Bibei é fermiso pero non vades ter moita xente pola data coincidente con Chandrexa.poderíades trocala pra Xullo ou o 16 de Xuño
teijeiro71

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/03/06
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Mai 2013, 23:10
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (23/06

Dada la coincidencia en la fecha con Chandrexa, la organización está estudiando una nueva fecha, que en principio sería el 7 de julio.
Se avisará en los proximos dias.
callosraba

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/08/12
0 Carreiras
406 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Mai 2013, 6:47
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (23/06/2013)

Gracias!!!
callosraba

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/08/12
0 Carreiras
406 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Mai 2013, 8:33
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (23/06

es.wikiloc.com/wikiloc...id=4582406
J.avier

Novo foreiro
Novo foreiro
3/06/13
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Xuñ 2013, 20:07
Asunto: San Xoán de Río 2013 Carreira Andaina Popular (05/07/13

CONFIRMADA A DATA DA CARREIRA POPULAR DE MONTAÑA E ANDAINA . SERÁ O DÍA 05 DE XULLO DE 2013´
TODA A INFORMACIÓN NO BLOG ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2013 OU BEN SAN XOÁN DE RÍO CARREIRA DE MONTAÑA E ANDAINA NOS DIFERENTES BUSCADORES EXISTENTES, ASÍ COMA EN DIFERENTES WEB ENTRE ELES, NESTA.
APROVEITO POR SER NOVO PARA DAROS MEUS PARABÉNS OS/AS CREADORES DESTA WEB.
faraon

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/01/06
0 Carreiras
103 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Xuñ 2013, 9:26
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (23/06

Un venres? Iremos os que estemos de vacacións. O certo é que atopar una data libre nestes meses é complicado, o 23 de xuño Chandrexa,o 30 a nocturna de Corpus, o 7 de xullo Leiro(cita obrigada para moitísimos populares) , e a de montaña de Cuntis...pero a carreira promete ser interesante. Sorte e ánimos á organización.
OpipoteMaceda

Montañés
Montañés
4/07/10
92 Carreiras
219 Mensaxes
Xunqueira de Espadañedo
Respostar citando Envío Mar, 04 Xuñ 2013, 9:37
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (23/06/2013)

O sabado 6 non hay carreiras pola zona de Ourense e iría mais xente.Eu se non hay novedad correrei en Río !!
J.avier

Novo foreiro
Novo foreiro
3/06/13
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Xuñ 2013, 21:07
Asunto: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular 07-07.2013

Boas Noites!
Un millón de disculpas
Por mor de tantas actividades que estamos a realizar cometemos de novo un erro na data.
Non é o venres 05 senón o DOMINGO 7 DE XULLO.
As nosas sinceiras disculpas

Un cordial saudo
OpipoteMaceda

Montañés
Montañés
4/07/10
92 Carreiras
219 Mensaxes
Xunqueira de Espadañedo
Respostar citando Envío Mér, 05 Xuñ 2013, 11:27
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (07/07/2013)

Ok hay estaremos !!
callosraba

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/08/12
0 Carreiras
406 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Xuñ 2013, 10:05
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (07/07/2013)

OpipoteMaceda escribió:
Ok hay estaremos !!

i eu se me deixa a xefa!!! jejeje
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Ven, 07 Xuñ 2013, 9:48
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (07/07

Está claro que cada un escolle a carreira que quere correr; eu tamén o fago, pero creo que non deberíamos pisarnos uns aos outros. Desde hai bastante tempo, leva anunciada a carreira de Cuntis para este mesmo día.

Para o próximo ano haberá que intentar poñerse de acordo e facer un calendario un pouco máis repartido ao longo de toda a temporada e dentro do posible, non facer coincidir unha proba con outra, cousa que é bastante difícil agora mesmo debido a gran cantidade de carreiras que temos.

Un saúdo.
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Sáb, 08 Xuñ 2013, 17:19
Asunto: Re: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (07/07

Comparto plenamente a opinión de xesteiras, e vendo a gran aceptacion (e sorte que temos) desta paxina pregunto si seria posible pedir que os organizadores de probas pasaran primeiro por o calendario de correrengalicia ou ben propoñer no foro correspondente a data que teñen pensado antes de pisar outras probas o cal non beneficia a ninguén......
Con todo polo que aparenta ,esta carreira de San Xoan de Rio parece que vai a ser unha subida de asfalto.....





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos