Xov, 30 Mai 2013, 21:41
Asunto: Re: II Carreira pola Ría do Burgo (02/06/12)
BREVES INDICACIÓNS A TER EN CONTA DIRIXIDAS AOS PARTICIPANTES
Para nós é un privilexio contar por segundo ano consecutivo con máis de cincocentas persoas nunha proba tan especial, nun entorno sobre o que pretendemos chamar a atención, polo que supón para todos os que vivimos en Culleredo e na área metropolitana da Coruña. É do máis importante: que o apreciedes, que o valoredes, e que o disfrutedes.
Estivo aberta a inscrición na carreira a través de
www.castelodeporte.org ou de Championchip, a empresa encargada da cronometraxe. Precisamente por esta duplicidade de rexistros estamos dedicando a tarde - noite do xoves e a xornada do venres e poñer en orde os rexistros, eliminar duplicidades e sacar as listaxes definitivas. Precisamente por iso aínda non temos un rexistro definitivo. En principio, se a inscrición foi a través de Championchip está todo correcto e confirmado, se foi na web de Castelo Deporte tamén o está coa recepción dun e-mail confirmando o pagamento.
En caso de non estar seguros de que o pagamento da taxa de inscrición fora recibida, por favor, levade o resgardo ou xustificante do ingreso, transferencia ou pagamento por tarxeta á recollida de dorsais, porque NON REVISAREMOS MÁIS RESGARDOS DESDE A NOITE DESTE XOVES E NON CONFIRMAREMOS MÁIS PAGAMENTOS POR CORREO ELECTRÓNICO.
A recollida de dorsais está prevista entre as 9.30 e as 10.45 horas, a proba absoluta comezará ás 11.00 horas, e as dos máis pequenos (que non pagan inscrición, por certo), a partir das 12.45.
SE TES CHIP AMARELO, RECORDA LEVALO!
Para nós é moi importante facer coincidir aos participantes cos seus chips, así evitaremos problemas na zona de saída da carreira, e reduciremos incidencias na recollida de dorsais…
Saída e meta terán lugar nunha pérgola que se atopa nunha zona anexa ao Xardín Botánico do paseo marítimo do Burgo, habilitaremos neste punto toda a infraestrutura de meta.
Como sabedes, a proba absoluta ten unha distancia total de case 14 quilómetros. Teredes un avituallamento líquido no quilómetro 9, e ao remate da proba haberá froita e bebida para todos.
Cando remate a proba absoluta celebraranse tres carreiras para os máis pequenos, e a entrega de trofeos non terá lugar ata que rematen estas probas. Para axudar ao fomento do deporte entre as nenas e nenos é moi importante que quedemos todos a velos e animalos, recordade que así estamos axudando a construír o deporte do futuro!
E pouco máis, estamos á vosa disposición no teléfono 660 581 808 ou neste mesmo correo electrónico. En canto Championchip nos facilite o listado definitivo de inscritos o publicaremos na nosa web,
www.castelodeporte.org
Vémonos o domingo!
O equipo de Castelo Deporte
www.castelodeporte.gal