Mér, 29 Mai 2013, 22:22
Asunto: San Xoán de Río 2013 Carreira e Andaina Popular (07/07/2013)
Xestión de actividades deportivas 2013, en colaboración co Excmo.Concello de San Xoán de Río, convídavos a I Cronoescalada Popular e Andaina a San Xoán de Río que terá lugar o dia 07 de Xulio a partir das 10:00h. Esta crono vai dirixida a tódolos amantes das carreiras e andainas de montaña que gosten dos retos, e queiran disfrutar da espectacular natureza e paraxes que ofrece iste concello do Macizo Central, con vistas entre outros lugares a Peña Trevinca, Manzaneda, e a espectacular fraga enclavada no Concello de San Xoán de Río.
REGULAMENTO
PERCORRIDO
O percorrido consta de 9 kms. Partirá da Ponte Nova ( na confluencia do Río Navea e o Río Bibei ). pasando polas aldeas de Navea, Valdonedo e San Miguel, estás dúas últimas xa correspondentes o Concello de San Xoán de Río) cun perfil que a continuación se expón.
A dificultade da proba é Alta. O percorrido estará perfectamente sinalizado
PARTICIPANTES
•Poderanse inscribir na Carreira Popular os deportistas mayores de 16 anos.
•Poderanse inscribir na Andaina os maiores de 18 anos , e os menores de idade sempre que vaian acompañados dun maior de idade.
INSCRICIÓNS
As incricións faranse a través do formulario exposto no seguinte enlace:
docs.google.com/forms/...g/viewform
actividadesdeportivas2013 @ gmail.com
Tlf de Contacto da Organización:
Xosé - 680127821
Javier- 635712461
O prazo de inscricións vía internet, rematarán as 22;00h do Xoves 04 de Xulio sendo o custo da participación de 10€ .
Aqueles que desexen participar na proba e non estén inscritos na data sinalada, tamén poderán participar previa pago de 10 euros no momento da saída pero non terán dereito a camiseta. Sí, o resto do publicado.
O pago farase mediante transferencia bancaria/ingreso antes do dia 19 de Xuño no seguinte número de conta 0049-0560-26-3394836019 do Banco Santander, con indicación de nome e apelidos, número de D.N.I. e poñendo en concepto de “ Carreira ou Andaina”
O importe da cuota non é reingresable no caso de non poder participar.
A cuota de participación é a mesma tanto para federados como para deportistas sen licencia federativa o tratarse dunha proba que non se atopa no calendario da Federación e ser de carácter popular.
RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais terá lugar na Saida, entre as 9:30h e as 9:45h os participantes na andaina, e entre as 10:15 h e as 10:45h os/as participantes na carreira . No momento da recollida do dorsal deberan mostar o resgardo do pago.
Todolos los participantes teran asignado un dorsal que tera que ser visible no desenrolo da proba.
SEGURO
Tódolos participantes estarán amparados por un poliza de seguro médico para dar cobertura a posibles accidentes deportivos e coa presencia dunha ambulancia.
Asomesmo a organización da proba ten contratado o seu correspondente seguro de responsabilidade civil.
Tódolos participantes terán que atoparse en perfecto de saúde, non facéndose responsable a organización dos accidentes derivados dalgunha enfermidade. Coma por ejemplo, enfermedades cardiacas, respiratorias, óseas, etc
Os participantes deberán atender todalas indicacións da organización.
O participante asume toda a responsabilidade nos posibles danos propios e alleos que poudera ocasionar por conducta neglixente ou imprudente.
Protección Civil, e voluntarios da organización situaranse en puntos determinados do percorrido, para auxiliar aos corredores, e controlar que se cumpran as normas e o percorrido establecido
HORARIO
A Andaina comenzará as 10:00h da mañá, e a Carreira as 11:00h
ACCESOS A PROBA
Tres son os os puntos para chegar o lugar da Saída da Proba ( Ponte Nova ):
1º Pola estrada N-120 no punto kilométrico 476, nos desviamos dirección Montefurado / Salto/ Central hidroeléctrica. Pasaremos polo “poblado” de Covallos e atravesaremos a Central.,seguido viramos a esquerda, dirección Casares e de aí o punto de saída da carreira
2º Pola estrada Ou-536 ata o Alto de Cerdeira, onde nos desviaremos a esquerda a San Xoán de Río e dende alí ( liña de chegada ), baixar polo percorrido da proba.
3º Pola estrada Ou-636 e o chegar a Pobra de Trives , coller a estrada Ou-0755 ( polo Cuartel da Guardia Civil) dirección Barrio e baixar ata a liña de saída. Ou ben, ao chegar a Pobra de Trives seguir dirección Ourense pola Ou-536 e o chegar o Alto de Cerdeira, desviarnos a dereita, dirección San Xoán de Río.
PREMIOS E AGASALLOS
Tódolos participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento agás os que se inscriban a proba o día da saída.
Levarán trofeos os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas da carreira
Haberá un avituallamento completo o finaliza-la proba, na esplanada do Centro Cívico-Cultural do pobo, onde a súa vez se lles agasallará os participantes con bebida, comida e música con motivo da festividade do San Xoán
OUTRAS CONSIDERACION
A Organización reservase o dereito a modificar o percorrido, número de participantes, distancia, data e horario, se é que fora necesario para preservar o correcto desenrolo da proba, se así fora aconsellable, o por causas de forza maior.
Cada corredor inscrito cede o seu dereito de imaxe en prol da organización para facer uso das mesmas na elaboración de reportaxes, videos e fotografías.
A organización reservase o dereito de modifica-la Normativa en beneficio do bo funcionamiento da proba.
O descoñecemento de este regulamento no exime do seu cumprimento.
Última edición por teijeiro71 o Mar, 18 Xuñ 2013, 18:31; editado 2 veces