Ven, 31 Mai 2013, 21:54
Asunto: Re: VI C.P. Río Mao Bóveda 2013 - 26/05/13
antes de nada agradecer a todos a vosa participación e comportamento tan cívico. de feito este ano case non tivemos que recoller lixo na zona de saída/meta.
atendendo as vosos comentarios:
o das farolas ten unha explicación. a electricidade para cronometraxe e megafonía sácase das farolas, por eso se teñen que alumar. ata a área recreativa non chega una línea independente. fai dous ou tres anos tomamos a luz dun veciño próximo pero houbo problemas cos automáticos e quedamos sen luz cando estábamos sacando as clasificacións...
fotos. outros anos algún asistente publicou fotos nesta páxina. que eu sepa este ano non se publicou nada, pero pode ser algo a organizar pola nosa parte pra o ano.
acondecenamento do percorrido... é un clásico. nos pasámoslle ao Concello unha serie solicitudes por escrito. algunhas lévanse a cabo outras...non. unha delas é esta. por exemplo insistímoslles en que se tapasen os baches por motivos de seguridade (en especial cos nen@s) pero o desbroce quedou sen facer. unha mágoa a imaxen que se deu os visitantes
pois nada. esperamos que disfrutárades dunha maña de carreiras populares e sepades disculpar os erros cometidos. traballaremos para que o vindeira edición as cousas saian mellor.
vémonos ná VII Río Mao 2014!!