Dom, 02 Xuñ 2013, 21:55
Asunto: Re: Olimpico de riveira
TOTALMENTE DE ACORDO CO DA ESCASEZ DE MEDIOS.
Eu hoxe non fun a Riveira pero son un habitual de tris populares, carreiras pedestres,trails, marchas cicloturistas e de btt.
Sin ir mais lonxe hoxe houbo unha marcha de btt en ribadumia na que participaron preto de 2.000 persoas entre a combinada e a btt, e pra todos eles tan so habia unha misera ambulancia con dous voluntarios de proteccion civil.
Quizais sexa por que traballo no sector das emerxencias polo que me fixo moito nestas cousas, e so podo decir que cada dia que pasa, cada proba a que acudo estou mais e mais "acongojado".
SRES. ORGANIZADORES DE PROBAS E FEDERACIONS DEPORTIVAS "ESTAN XOGANDO VOSTEDES CON POLVORA".
Espero equivocarme polo ben de todos pero creo que tarde ou temprano imos ter unha desgracia nunha proba deportiva e logo botaremos as mans a cabeza. Non hay que ir moi lonxe pra ver casos de mortes desgraciadas en probas deportivas e en algunhas delas con medios sanitarios suficientes. Fai uns anos na san silvestre de Pontevedra, este mesmo ano no tri de banyoles. E repito, en elas habia cobertura sanitaria (UVIs miviles, medicos, lanchas e zodiacs d salvamento e incluso hospital de campaña nunha delas).
¿Que pasaria si temos un caso de afogamento hoxe en Ribeira? ¿E si caen un par de ciclistas nunha trialera nunha proba de btt e fican inconscientes no medio do monte?
Estamos continuamente ca leria de si pagar ou non nas probas. Pois eu prefiro pagar unha inscripcion razoable, que me den unha simple botella de auga(barritas e geles levoas eu da casa), que non me regalen unha camiseta que acabe tirada no armario, pero que me poñan medios suficientes que polo menos garantizen hasta certo punto a miña seguridade e si e necesario a dos espectadores. Sabendo de anteman que a seguridade 100% e imposible.
¿IMOS ESPERAR SENTADOS A TER UN MADRID ARENA NO DEPORTE GALEGO?