Lun, 03 Xuñ 2013, 12:35
Asunto: II Carreira Nocturna Concello da Estrada
O Concello da Estrada, en colaboración co Club Atletismo A Estrada, organizan o
vindeiro venres día 21 de Xuño a II Carreira Nocturna Concello da Estrada; a proba terá un percorrido nun circuito urbano polas rúas da estrada e será carreira puntuable para o I Circuito Corre A Estrada Corre.
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e celebrarase uns días antes do
comezo das festas patronais de San Paio 2013 polo que a saída da proba coincidirá co aceso da luminaria das festas patronais.
Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará
coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da
carreira.
1. PARTICIPACIÓN E CATEGORÍAS:
Poderán participar na proba todas as persoas co desexen, sexan ou non
federadas, sen distinción de nacionalidade ou sexo, sempre e cando estén debidamente inscritos, tanto no tempo coma na forma.
Establécense as seguintes categorías:
PRE-BENXAMÍN:
Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
BENXAMÍN:
Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.
ALEVÍN:
Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.
INFANTIL:
Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001
CADETE:
Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999.
ABSOLUTA:
Atletas nados/as nos anos 1997 e anteriores.
VETERÁN A MASCULINO:
Atletas nados entre 1975 e 1966.
VETERANA A FEMININO
Atletas nadas entre 1977 e 1968.
VETERÁN B MASCULINO:
Atletas nados entre 1965 e 1956.
VETERANA B FEMININO
Atletas nadas no ano 1967 e 1956.
VETERÁN C MASCULINO
Atletas nados no ano 1955 e anteriores.
VETERÁNA C FEMININO
Atletas nadas no ano 1955 e anteriores.
2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
O percorrido das probas, dependendo da categoría realizarase nun circuito urbano
indicado, controladose sinalizado.
HORA, CATEGORÍA, DISTANCIA APROX.
21:30 h PREBENXAMÍN e BENXAMÍN 500 m
21:45 h ALEVÍN 800 m
22:00 h INFANTIL 1.600 m
22:30 h CADETE 3.500 m
22:30 ABSOLUTA E VETERÁN 7.000 m
00:30 h ENTREGA DE PREMIOS
3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: Ata o martes día 18 de Xuño de 2013 as 24:00 horas na web
www.championchipnorte.com (única forma de inscrición). Se non es usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen. A inscrición estará aberta ata a data sinalada ou ata que se alcance o límite de inscritos na proba absoluta, que será de 500 participantes.
* ESCOLARES:
(dende prebenxamíns a cadetes)
Todos os corredores que desexen participar nesta proba, deberán de formalizar a súa inscrición nos teléfonos 986.570.030 ou 649.704.472 ou nos correos
deporteaestrada @ gmail.com ou atletismoaestrada @ gmail.com.
A data límite para formalizar a inscrición é o mercores día 19 de Xuño as 14:00 horas. Non se admitiran inscricións fora de prazo.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
982.816.884.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os
teléfonos 986.570.030 ou 649.704.472 ou nos correos deporteaestrada @ gmail.com
ou atletismoaestrada @ gmail.com.
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba a partir das 20:00 horas ata media hora antes do
comezo da proba, para o cal habilitarase un posto nas inmediacións da saída/meta.
A carreira dará comezo as 22:30 horas da noite, co acendido das luces da “Festas
de San Paio 2013”. O tempo máximo para completar o percorrido será de 1h e 30
minutos. Os vestiarios estarán habilitados no campo de fútbol da Baiuca durante toda a tarde.
No momento da retirada do dorsal, os participantes recibirán a camiseta da proba.
É imprecindible participar ca camiseta da proba, o dorsal e o chip, no caso de que algún corredor por motivos de patrocinio desexe levar outra indumentaria deberá de poñerse en contacto ca organización da proba.
Todos os corredores teñen a obriga de devolver o chip o finalizar a súa proba.
aqueles corredores que non entreguen o chip non entraran nas clasificacions.
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín,
infantil, cadete, absoluta, veterán A, veteran B e veterán C e tanto masculina como
feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será
descalificado.
* DESCALIFICACIONS:
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as
establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio de camiseta para todos os participantes ata esgotar existencias, asi como
froita e avituallamento líquido durante o transcurso e o remate da proba
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
- A organización da II Carreira Nocturna Concello da Estrada non se fai responsable de perdas ou danos materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
- A organización contará cun servizo médico especializado no punto de saída e chegada durante a duración da carreira.