Xov, 06 Xuñ 2013, 21:47
Asunto: Re: I Bip Bip Correcamiños. Carral, 9/VI/2013
Eu, despois do Courel pensaba nunha carreira corta de recuperación pra retomar, mirei o calendario desta páxina e me decidín polo Trail do Mandeo, que según pon na información do calendario tería inscripción ata o día mercores 5. O martes fun a inscribirme na web da proba para non esperar a ultima hora, e sorpresa, cerradas as inscripción da proba dende o luns. Mala sorte.
Me inscribo na de Carral, con un recorrido que pasa polos muiños de Batán e pra min zona pra coñecer, e tres dias antes da proba me avisan por correo electronico que se ven obrigados a suspender a proba por problemas de papeleo relacionado en parte con tráfico. No mesmo correo me comunican que ese mesmo día se fará un free running cos mesmos recorridos e horarios. E que irán buscando data para a realización oficial da proba.
Creo que esto mesmo nos sucedeo, a xente que escribe nesta mesma paxina este Trail do Dexo, e se falou longo e tendido sobre a falta de previsión da organización. Eu francamente disfrutei o dobre, fixen o free running o día en que se suspendeu a proba, con moi bo ambiente e moito barro, e logo puiden correr a oficial.
Neste caso so podo dicir que pode que da xente que fai o trail bip bip que; avisoume cando puido e considero que axeitadamente (non os coñezo de nada), que puiden informarme do estado de inscripcións e demais na sua páxina, e que neste foro teñen que escribir ou non, según lles pete. Si a carreira e en Carral con un bo recorrido, con unha inscripción mais que razonable nunha proba de trail de 22 km (12€), solidaria recollida de alimentos, como mínimo agardaría a ir a proba antes de reventala.
Por último dicir que eu corro case sempre so nas carreiras e dos últimos e non conto os participantes que van as carreiras. A veces mais non e mellor.
Respecto os permisos para as carreiras, as veces parece que e mais facil que den autorización a facer unha mina de un tamaño de 700 campos de futbol, ou torturar e matar a un animal nun recinto publico, que pra facer unha carreira.
Saude e kms, eu estarei o domingo e vos contarei, si consigo voltar.