Xov, 06 Xuñ 2013, 20:50
Asunto: XXX Carreira Nocturna de San Xoan (Vigo) 23-6-2013
30ª Carreira Nocturna de San Xoán
REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, có patrocinio do Concello
de Vigo, organiza a 30ª Carreira Nocturna de San Xoán a disputar o 23 de xuño de
2013 en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. Esta carreira está
incluída no Circuíto de Carreiras Populares do Concello de Vigo.
2. A carreira dispútase nun circuíto urbano de aproximadamente 7,7 km con saída ás
21:15 da Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López
Mora, Bar Boo, Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante
do soportais da praza do Berbés.
3. Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estean ou non
federadas. As inscricións, formalizaranse no sitio web da Federación Galega de
Atletismo atletismogalego.com ou en persoa en Deportes Athletics (Avenida de
Balaídos 41) ata o 21 de xuño. No caso de inscrición presencial indicando NIF con
letra, nome, apelidos, data de nacemento, sexo, localidade, provincia, e club e
número de licencia no seu caso. Non se admitirán inscricións o día da carreira.
4. A cota de inscrición e de 5 €.
5. Os atletas participarán cos dorsais e transpondedor (chip) que se entregarán o 23 de
xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei). Non se
entregarán imperdibles, cada participante deberá traer os seus.
6. Concederanse trofeos os tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das
seguintes categorías: tanto en homes coma mulleres
A de 14 a 18 anos
B de 19 a 35 anos
C de 36 a 45 anos
D de 46 anos ou mais,
A organización en colaboración ca Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo,
obsequiará cunha ración de sardiñas asadas a tódolos participantes.
7. Colaboran neste evento a Confraría de Pescadores San Francisco, Asociación de
Veciños Casco Vello, Coca-Cola, Hipermercado Alcampo, Auto-escuelas
Faro–Paso-Salaberri-Vigo, Restaurante El Pescador, Policía Local, Protección Civil,
Voluntarios del Concello de Vigo, Cruz Vermella, Porto de Vigo, e Frutas Sol.
8. A Organización non se responsabiliza dos danos que poidan sufrir os participantes,
agás os posibles dereitos que lle correspondan co seguro deportivo dos seus clubs.
9. Todas as reclamacións deberanse formular de acordo co Manual da IAAF ou RFEA en
vigor.
Inscripciones
aqui
Ganador de la Copa Maldini Clausura 2012
Ganador de Los juegos del Foro :: 1º Juegos de los JJOO batiendo FR y OR
Sponsored by Kaufman Games
Fundador del club de fans del pajarito
safarstudio.blogspot.com.es/