Lun, 17 Xuñ 2013, 13:58
Asunto: Re: I ULTRATRAIL SERRA DO BARBANZA
Non quero ser pesado e repetitivo, felicitando ós cerebros de todo isto: Edu_Iglesias e Manolo Bello (www.arousa.com), así como, a tódolos seus colaboradores: Urko, Castinheiras, Pati, Pachicho, Manoli, Abraham, Carlos,... que son pezas indispensables para que iniciativas como estas vaian a máis.
Falaba fai uns meses cunha persoa e coincidíamos que Urko e Castinheiras foron sen lugar a dúbida os dous impulsores das Carreiras polo Monte no Barbanza e seguramente que dous dos pioneiros en Galicia e xa van alá case 10 anos (como pasa o tempo).
E se estes dous mestres "sensei" tiveron alumnos aventaxados eses foron Barbanzón e Edu_Iglesias cada un noso seu rol. Rafa de corredor e Edu organizando. E penso que nesta proba demostrouse. NOROBOA ÓS DOUS.
En canto ás miñas sensacións teño tanto que dicir que se me vai esquencer case todo e non sei por onde empezar.
O que está claro é que coñecer o percorrido é moi importante, pero... aínda así para min non foi suficiente.
Comecei moi tranquilo, sabendo perfectamente o que nos viña enriba no km. 7 (Os forcados), dosificando, aínda así algún "gracisiño" doume ánimos dicíndome que a ese ritmo non ía ser capaz de rematar a Ultra. A verdade é que me motivou.
Subín Os Forcados tranquilo, respirando, as sensacións eran boas e cheguei ó primeiro avituallamento segundo o tempo previsto.
Tocaba correr (pistas e costa abaixo) e atopeime cunha boa lebre que non soltei ata o km 34, Javier Vidal. A excepción dalgunha parte técnica na subida ó Grallal, o percorrido entre o primeiro e terceiro avituallamento, deixaba correr moito e iso como di o meu sensei Castinheiras: ACUMULA.
Paso polo segundo avituallamento e polo terceiro e vexo que vou adiantando xente da que en teoría tiña que estar por diante miña e iso preocupábame, ¿QUE FAGO EU AQUÍ ADIANTE? Este non é o meu sitio natural. Empézome a poñer nervioso e ao mesmo tempo noto que as forzas xa vai indo a menos. A parte, tiven que poñer a térmica porque colleume o frío, pode ser que fosen os nervios, pero non creo.
Por certo o primeiro tramo entre o avituallamento 3 (Iroite) e o 4 (Portela) precioso, non coñecía estes CHANS e gustáronme moito eses prados verdes campo a través.
Neste tramo foi onde enganchei con Santiago íamos cómodos falando. Eu deixábao un pouco atrás nas baixadas técnicas e subidas e el pasábame coma un foguete cando lle podía dar zapatilla. Pódese dicir que inconscientemente íamos tirando o un do outro.
No avituallamento 4 aproveitei para cambiar a camiseta porque, tíñaa tan e tan empapada...
Baixei Vitres e despexeime uns metros de Santi, aproveitando a baixada técnica e nese momento víame forte, o problema foi ó chegar ó Avituallamento 5.
No avituallamento 5, cagueime pola pata, cando me dixeron que ía quinto a 2 minutos do segundo. QUE INOCENTE SON!!!!
En lugar de respirar, comer e beber ben, funme a lo loco, pensaba que coñecer a subida de San Xoán era suficiente para subila sen problema, INOCENTE, INOCENTE, INOCENTE....
Ata aquel momento ía segundo o obxectivo marcado para baixar de 8 horas. PERO....
A pasar a Casa Rural de Entre Os Ríos entroume unha cousa que nunca me pasara, entroume unha pájara non, entroume o seguinte, un pajarón. Non tiña auga, nin comida na mochila e tiña que parar cada dous por tres, porque me mareaba e caía para os lados. Era increíble, nunca tiven tal sensación. Téñoo pasado moi mal nalgunha carreira, pero esta sensación, xamais na miña vida. Levoume subir os 2 kms do San Xoán 50 minutos (polo reloxio).
Per aínda así estaba contento porque na subida só me pasaron 3 persoas e pensaba na comida que me ía pagar Castinehiras e no trofeo da súa colección que me ía regalar se acadaba un posto entre os dez primeiros. O podium non podía ser, pero... a falta de pan boas son tostas.
Nunca me alegrei tanto de chegar a un avituallamento como cando cheguei ó número 6. Sentinme no chan, bebín 10 vasos de auga e comín 5 pastelitos de chocolate e de repente, cando peor estaba, empeceime a recuperar e puiden volver a correr e a un nivel decente. A verdade é que o corpo humano é increíble.
A baixada xa a tiña feito (Os Aforcados) e coñecíaa, dinlle calor ata baixo e ao final moi contento. Como me dixo Urko: medalla de chocolate.
A postcarreira excepcional:
- Batidos e reconstituintes de Nutri sport
- Masaxe relaxante
- Catro contos coa vella garda do CAR BARBANZA: Pati e Urko.
- Saúdos a Santiago, Arturo SanMarco e Javier Vidal cos que compartín algún tramo da Ultra.
- Aplaudín a uns cantos corredores que entraron en meta, entre eles a afeccionado, co que non teño unha relación persoal, pero que me alegra moito velo porque rememoro aqueles tempos, xa fai sete u oito anos cando os corredores de montaña eramos unha inmesa minoría e a falta de carreiras, adicábamonos a facer quedadas (agora chamadas freee-running).
Seguro que me quedou algo no tinteiro. Cando me acorde xa o poñerei.