Lun, 24 Xuñ 2013, 10:11
Asunto: Re: Corre San Santiago
Derek!! Méteme a Puri Bermúdez na clasificación das mulleres, que se non se nos enfada.
Sobre a carreira, nada a maiores do dito. Distancia real sobre 6,1 km, bo ambiente, e en xeral toda a org. OK. Felicitacións!!
Cousas que fun oíndo/vendo:
- Os foráneos (e tamén os da casa...) preguntaban polas duchas, que non sei se as había dispoñibles.
- O das voltas, se 2 ou 3. Pois para darlle carácter propio a esta carreira, ao mellor 2 voltas xa chegaban. Se solventa o tema dos dobrados, menos tempo cortando a estrada, etc. Non pasa nada por facer unha carreira de 4 km.
- Sobre o campionato da USC, grazas a Derek por levar todo o peso do asunto... e non fago xa máis comentarios disto para non ferir sensibilidades...
Próxima do CorreSan, a da Cidade Vella. Super rápida, nocturna e na zona vella, o que lle dá un aire especial. Espero que todo vaia OK como o ano pasado, e ide mirando onde buscar duchas, que virá moita xente de fóra (negociade dende xa a posibilidade de que abran o pavillón de San Clemente, onde o IES Rosalía).