miguelanxo escribió: |
Derek!! Méteme a Puri Bermúdez na clasificación das mulleres, que se non se nos enfada. Sobre a carreira, nada a maiores do dito. Distancia real sobre 6,1 km, bo ambiente, e en xeral toda a org. OK. Felicitacións!! Cousas que fun oíndo/vendo: - Os foráneos (e tamén os da casa...) preguntaban polas duchas, que non sei se as había dispoñibles. - O das voltas, se 2 ou 3. Pois para darlle carácter propio a esta carreira, ao mellor 2 voltas xa chegaban. Se solventa o tema dos dobrados, menos tempo cortando a estrada, etc. Non pasa nada por facer unha carreira de 4 km. - Sobre o campionato da USC, grazas a Derek por levar todo o peso do asunto... e non fago xa máis comentarios disto para non ferir sensibilidades... Próxima do CorreSan, a da Cidade Vella. Super rápida, nocturna e na zona vella, o que lle dá un aire especial. Espero que todo vaia OK como o ano pasado, e ide mirando onde buscar duchas, que virá moita xente de fóra (negociade dende xa a posibilidade de que abran o pavillón de San Clemente, onde o IES Rosalía). |
derek escribió: |
Tamén despois da avalancha de peticións imos aumentar un pouco distancia da proba. Medimos as probas desde o satélite con bastante precisión, pero creo que non ten importancia neste caso aumentar a 6,1 km por poñer algo medio a todas as diferentes medicións dos gps, ok? |