Xov, 29 Mar 2007, 10:19
Asunto:
Como
Maese Charly di... o verdadeiro sitio para colocar a localización de"
A Gavela" debería ser éste así que copio a mensaxe que anda noutro fío. O local é moi doado de localizar e hai perto un montón de sitio para aparcar. Queda xusto a carón do Mercado de Bouzas (na rotonda que hai ó remate da Avda. Beiramar).
O Restaurante está na rotonda pequena que hai na parte da abaixo do mapa. Exactamente onde hai unha frecha azul entre as rúas de Santo Cristo e dos Pescadores.
Na rotonda grande, de entrada á Zona Franca de Bouzas, hai unha gasolineira e un pouco máis adiante en dirección ao centro da cidade, tanto á man dereita como á esquera hai sitio abondoso para aparcar (á dereita na zona do polideportivo e á esquerda, despois de dar a volta na rotonda pequena, diante do Liceo Marítimo de Bouzas onde adoitan aparcar moitos trailers)... espero que as referencias sean o suficientemente claras.
Por certo
Charly a ver se te estiras un pouco e paghas tí os cafés