Dom, 28 Xul 2013, 22:10
Asunto: Re: I Carreira Popular no Galiñeiro (Vincios 4/8/2013)
Os indico o recorrido para chegar o lugar da Carreira.
Como chegar desde ( A Coruña – Santiago - Lugo – Pontevedra) AP9 > AG 57 saída 17 en Vincios, dirección Gondomar por PO-331 a 500 m. despois de pasar pola ponte sobre AG 57, desvío a esquerda ( 42.09479 N - 8.43347 O) subida o Monte Galiñeiro, pista asfaltada (2,1 Km.), primeiro cruce a dereita e segundo cruce a esquerda e seguido chegada o Merendeiro do Galiñeiro.
Desde Ourense A52 > A55 > AG57 saída 17 en Vincios e igual que outro …
Desde Vigo chegada o Poligono da Pasaxe, coller dirección Gondomar e seguir mesmo recorrido que os anteriores.
Habera indicacións en todos os desvios e cruces ata o Merendeiro.
Despois da Carreira todos os participantes estades invitados a quedar con nos, pois despois de comer os invitamos a participar nos torneos oficiais de Futbolin que vamos a celebrar durante toda a tarde.
O domingo os esperamos, teremos SERVIZO DE GARDERIA, GARDAROUPA, DUCHAS, VESTIARIOS, CARREIRAS PARA OS MAIS PEQUENOS e todo no Monte Galiñeiro.