Mér, 10 Xul 2013, 14:00
Asunto: Re: III NIGRAN AREA (11/08/2013)
III NIGRAN AREA
NIGRAN, 11 AGOSTO de 2013
REGULAMENTO DA CARREIRA
1º A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán, organizan o día 11 de agosto do 2013 o III Nigrán Area de atletismo pola area, que dará comezo as 11:00h.
2º Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
3º Os circuítos discorrerán entre o Muelle de Panxón e Praia America, son circuitos llanos sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.
4º A orde de saída será a seguinte:
CATEGORIA ANO DISTANCIA
11:00 Cadetes Femininos/Masculinos. 98/99 3.000 m
Infantís Femininos/Masculinos. 00/01 1.500 m
Alevíns Femininos/Masculinos. 02/03 1.000 m
Benxamíns Femininos/Masculinos 04/05 500 m
12:00 Carreira Absoluta 97/anteriores 6.000 m
Pre-benxamíns Femininos/Masculinos 06/07 300 m
Pitufos Femininos/Masculinos 08/09 100 m
ENTREGA DE PREMIOS
5º Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Xuvenís 96/97 Femininos/Masculinos. Veteráns A de 35 a 44 anos.
Júnior 94/95 Femininos/Masculinos Veteráns B de 45 a 54 anos.
Promesa/Sénior 93 ata Veteráns.Fem./Masc. Veteráns C de 55 anos en adiante.
6º INSCRICIONS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa, teléfono de contacto e nome do clube no caso de non ser independente.
O prazo remata o mércores 7 de agosto ás 20 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
INSCRIPCIONS CARREIRA ABSOLUTA DE XUVENIS A VETERANS
Terán un custe de 5 €.
Farase acedendo a páxina web da Federacíon Galega de Atletismo no enlace
www.fgatletismo.es/ins...0811.html, onde será obrigatorio facer o ingreso dos 5€ con tarxeta na pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario.
Tamén se poderá facer nos seguintes lugares, onde o pago será feito en efectivo:
• Athletics Deportes, Avd. de Balaídos nº41, en Vigo.
• Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa –Nigrán (Serviocio).
A carreira absoluta, está limitada a 700 participantes.
INSCRIPCIONS CARREIRAS MENORES DE PITUFOS A CADETES
Nas categorías menores a través do e-mail: savalminor @ hotmail.com, ou na oficiña de turismo de Praia América. As categorías menores NON levarán chip.
7º Os dorsais e chip, serán entregados polo clube organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba. Ante calquer dúbida e imprescindible presentar o xustificante de pago para retirar o dorsal.
8º Serán, motivos de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: Non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar os datos persoais.
9º O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 50 minutos do comezo da proba.
10º Premios:
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina coma masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de cadete a alevíns e a todos os benxamíns e pitufos ate fin de existencias.
Haberá recordo conmemorativo para os 700 primeiros inscritos da carreira absoluta
11º A organización poderá esixir a documentación de todos aqueles participantes que leven premio.
12º A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
13º Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
14º Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
15º As reclamacións deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois da comunicación oficial dos resultados. Si son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 € ó xurado de apelación.
16º Os gastos de desprazamento dos participantes correrán ao seu cargo.
17º Todos os atletas están cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante a carreira.
18º Haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de.Panxón
ORGANIZACIÓN: SOCIEDAD ATLÉTICA VAL MIÑOR E CONCELLO DE NIGRAN–CONCELLARÍA DE DEPORTES
PATROCINIO: CONCELLO DE NIGRAN
COLABORADORES: COCA COLA, CORP. ALIMENT. PEÑASANTA S.A., FRUTAS VILAR, AGUASANA, DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO, SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE, , LA CAIXA, SERVIOCIO, ATHLETICS DEPORTES.