Lun, 05 Ago 2013, 16:17
Asunto: Re: Cross popular PINAR DE CABANAS 2013 (4/08/13)
Este tipo de carreiras sin moitos luxos cada vez me gustan máis.
Estiven con dous tios que fai uns meses comentabanme o aburrido e monotono que era correr unha media maraton en tres voltas, aquí demos catro para facer sete km. Estaban en cantados.
É que a xente e a hostia, nas carreiras dos rapaces metianse polo circuito e o señor do megafono cabreabase un pouco, berraballes e saialle o mal xenio.
Para controlalo mal xenio seica vai moi ben cear All-Bran. Eu non sei vino nunha televisión.
Secadra as cirolas tamén poden valer.
O caso é que teño que ir pensando en algo... onte a miña filla volveume a gañar, creo que as disculpas que lle poño xa non lle colan, "que si pisei mal... que si me dou un punto..." ela fai como que si pero non, non colan.
Voulle dedicar unha das suas cancions favoritas,
www.youtube.com/watch?v=KzoQUjIVd40 ela xa sabe porqué
Despois estiven paseando polo mercadillo que alí había, tiñan cousas moi interesantes.
Un tipo vendía cintas de casette, a Pantoja, Pimpinela, Juan Pardo... Non sei que tal lle iría
Xatei no pinar en moi boa compañía, en plan domingueiro, nada do outro mundo, bocatas de percebes e cousas así.
No palco da orquesta había un dúo interpretando unha selección do peor da música pachanguera dos anos 70 e 80, pero aguantei ben, máis que nada porque recordabame a miña infancia cando polas festas ia cos meus amigos á sesión bermú, comprabamos petardos, cerillas e rubio americano para compartir. Cousas de rapaz.
Cos anos comprabamos outras cousas e tamén compartiamos. Pero esa é outra historia
Máis tarde fun para a praia, e alí co bandullo ben cheo e algunha cerveciña ao lombo botei unha siestiña que me prestou moi ben. De feito cando despertei quedei pensando "¿Que estaran facendo os ricos agora? "
E xa está. Non teño máis tonterias que decir.
Sobre esta carreira claro
Faltaría a la verdad si afirmara que estoy en desacuerdo con usted