Ven, 09 Ago 2013, 22:11
Asunto: Re: XXIV Maraton Popular Cambre 15/08/2013
Gustame que a carreira volva ao pobo.
Fai uns anos sacarona para fora , a carreira era un tramite máis durante as festas, había que facela pero parecía que era máis unha molestia que outra cousa. Unha vez fixeronos dar voltas ao pabellón para riba e para baixo, como as cabras, sin pisala carretera para nada.
Estamos de sorte. Eu non creo que a xente teña que estar nin orgullosa nin avergonzada por ser dun sitio, pero creo que ser de Cambre é unha sorte, e podelo visitar tamén.
Agora estamos de moda e volvemos ao pobo, en plenas festas e o día grande.
Como teño tempo vou contar algunhas cousas de Cambre, supoño que a maioría so vos interesa a carreira, a camiseta, a clasificación... igual deberiades pensar en parar de ler a partir deste punto.
Eu sigo, vou contar algunhas cousas que lin ou que me contaron a min, fago de memoria e non é moi de fiar.
En cambre vive xente dende hai seculos, atoparonse restos dos celtas moi preto do pabellón da saida da carreira, nun sitio que se chama o Castro, mira ti. Os restos son escasos xa que por aquela época o mesmo que agora a maioría da poboación xa debía ser máis ben deportivista, e máis do Espuni ( que ven de Sputnik, un cacharro que os rusos mandaron ao espacio ) o glorioso Sporting Cambre, un dos equipos mais punteiros na liga das Mariñas.
Estoume desviando, esto viña a conta dos celtas pero en Cambre tamén estiveron os romanos, encontraronse restos de unha vivenda en pleno centro do pobo, debía ser algo así como o chalet de fin de semana de Julio Cesar ou Marco Antonio, en Cambre levase moito o do chalet, da vivenda en cuestión conservanse moi ben catro pedras e os alicatados dos baños, xa que eran de primeira calidade, da grifería non se conserva nada.
Pero por Cambre pasou máis xente, barbaros, piratas, ingleses, franceses... de todo tipo, xente da boa e tamén moita morralla que viñan a o pobo con moi mala idea, a rapiñar e darlles polo redondo a os paisanos, ademais tiñan a fea costume de querer destruila igresia poñendolle lume e cousas polo estilo, e a xente claro a reconstruila, porque sempre era a xente, os curas, obispos ou moxes (que tamén houbo en Cambre) estaban moi ocupados rezando e facendo ...o que faga esta xente. E que en Cambre sempre houbo boa xente, e traballadora, e ningún e mal comedor, gracias a eso aínda hai hoxe igresia en Cambre, e o pobo e coñecido "mundiamente" pola sua igresia adicada a Santa María de Cambre, porque señores non o ides a creer, pero a virxen María tamén pasou polo pobo, e foise a sentar nuha pedra a un sitio que se casualmente a "Pena da nosa señora", ninguén a viu, pero sabemolo porque os expertos entendidos na materia da época viron unha pedra con unhas formas moi raras, e concluiron que esas eran as marcas deixadas polo cu e mailo lombo da virxen. E todos dixeron que si, que si.
Eu de neno quixen vela pedra (sempre fun moi curioso) e levaronme a un sitio cheo de toxos e silvas, dixeron "creo que esta ahí debaixo, pero agora non se pode ver" i eu dixen " vale, vale" e ata hoxe.
Dentro da igresia hai imaxes da virxen, loxicamente, pero hai unha tallada en pedra que destaca, máis que nada por ser tosca e burda según os expertos, vamos que así como Miguel Angel sacaba as suas obras clavadiñas clavadiñas, de esta podese dacir que "bah, un aire si que ten", pero vamos que o artesano (os expertos xa nin lle chaman artista) non se lucio moito. Pero é antiga, i eso creo xa lle da o seu valor.
En Cambre tamén tivemos templarios, estaban nun sitio que se chama casualmente O Temple, estos buscaban o Santo Grial, e buscando buscando atoparon en terra santa un enorme recipiente de pedra e trouxerono para a igresia do pobo, porque según lles dixeron era un dos envases donde o nosos señor Xesucristo ( tamén coñecido por Jesusito de mi vida) cando estaba de boda transformou o auga en viño
En Cambre había un bodegueiro ( chamado o Quimico) que seica facía máis ou menos o mesmo, e aninguén lle parecia milagroso
Duas cousas se saben con seguridade
1- O recipiente procede de aquelas terras
2- Por aqueles tempos xa se coñecian e utilizaban os equibalentes do timo da estampita, tocomocho, truco do almendruco...
Decir que na actualidade a igresia está a pleno rendimento e non lle falta clientela, no verán traballa moito o tema das bodas da xente fina que ven casar ao pobo, porque unha igresia rural de pedra dalle máis categoria ao evento que unha moderna de hormijón
Bueno xa paro, podería seguir pero con esto creo que xa vai ben...
Se lle cadra para o ano conto algo máis
Faltaría a la verdad si afirmara que estoy en desacuerdo con usted