 
             
          
             Mér, 14 Ago 2013, 12:37
          
          
            Mér, 14 Ago 2013, 12:37            
            Asunto: VIIª Carreira Popular e VIª Andaina Concello de Maside
          
          
          Dende a organización da VIIª Carreira Popular e VIª Andaina Concello de Maside queremos informarvos que este ano celebrarase o vindeiro domingo 
1 de setembro 2013.
Como en ocasións anteriores disputarase a tradicional Carreira Popular e o mesmo tempo a Andaina. As 
categorías para a Carreira Popular son:
.- Pitufos: de entre 3 e 7 anos (nados en 2006-2007-2008-2009-2010)
.- Rapaces: de entre 8 e 12 anos( nados en 2005-2004-2003-2002-2001)
.- Mozos: entre 13 e 15 anos (nados en 2000-1999-1998)
.- Absoluta: de 16 anos en adiante
Para a Andaina a categoría será unica.
Distancias:
.- Categoría Absoluta e Andaina: 9,100 km
.- Categoría Pitufos: 300 metros
.- Categoría Rapaces: 800 metros
.- Categoría Mozos: 3,500 km
Horarios:
.- Andaina: 09,30 horas
.- Categoría Pitufos: 9,30 horas
.- Categoría Rapaces: 10,00 horas
.- Categoría Mozos: 10,30 horas
.- Categoría Absoluta: 11,00 horas
Información e inscricións: 
As inscricións para a Carreira Popular Categoría Absoluta poderán facerse a través do portal web 
www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición remata o xoves 29 de agosto.
Para o resto das categorías e andaina poderán facerse a través do teléfono 608.24.22.10. O prazo remata o venres 30 de agosto.
A cota de inscrición para a Carreira Popular Categoría Absoluta e Andaina é de
 5 €, o resto das categorías inferiores da Carreira Absoluta é gratuita.
Moitisimas grazas e ánimo!!!!!