Foros ›
Autor
Mensaxe
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Sáb, 27 Abr 2013, 20:37
Asunto: Re: Diario de Franki

Sábado 27.
Dous platanos e ás 14:30 liscamos para Castrelos.
Desde casa dame os 22´minutos para quecer e os mesmos de volta para enfriar e estirar.

10 quilómetros en Castrelos para ver como están as pernas. O primeiro a 4:10 para ir baixando 1 segundo por volta a até 4:00 pero era excesivo, dei baixado até 4:04
Acabei en 41:14. (4:07)

Coas pernas pesadas, pero sen molestias e sen forzar. Ao rematar as pulsacións andaban en 160, en 30" estaba en 120 e nun minuto en 70, eis a proba de que non foi demasiado.

Mañá comezamos coa bici, teño 4 meses e medio para o medio Ironman de Vigo. Para nadar pouco preciso, son 1900 metros, media hora, e todos os anos de entreno bestia da nenez saen a pouco que faga. Para a carreira, manter unha parte da forma, son os 21 quilómetros finais e non teño nin idea de como serán nin a que ritmo poderei ir pero non creo que deba facer nada especial, algunha series largas de cando en vez, e a maior parte suave. Pero onde teño que aculmular é na bici,son 90 quilómetros, aprender a rodar, bebendo, comendo, e facer sesións de 3 horas, e a ver que pasa, como responden as pernas.

Irei aprendendo e contando....
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 27 Abr 2013, 22:19
Asunto: Re: Diario de Franki

Estaré muy atento a la preparación. El tema Iroman es algo que me fascina y muchos días deboro videos sobre el tema en Youtube.

Saludos y suerte con la preparación
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Lun, 29 Abr 2013, 22:35
Asunto: Re: Diario de Franki

Domingo 28
Non houbo rodaxe en bici, a nena pequena enferma e noite de festa Chupete

Luns 27 ás 15:00
17 qm en 1:21, empezamos despaciño e progreso até acabar en 4:30, aínda falta para recuperar as pernas, a ver como chego a Media de Vigo do vindeiro domingo 12...
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Ven, 03 Mai 2013, 16:12
Asunto: Re: Diario de Franki

Martes 30 ás 15:00 Toma de contacto coa piscina, nin a toquei desde xaneiro.

Mércores 1 descanso forzado, a peque sigue dándonos as noites, antibióticos pero aínda durme mal... aiii

Xoves 2 madrugón, ás 5:30 a zumbarlle un pouco, 14 Qm en 69´

Venres 3 remadrugón, ás 5:30 a darlle un pouco máis rápido, 14 Qm en 63´
Hoxe durmimos dun tirón!!!!

As pernas máis lixeiras, algo cargados os xeonllos, necesito baixar o ritmo das carreiras despois da Media de Vigo do domingo 12, e centrarme na bici, vou tentar aguantar e facer un día de intervalos de 400 e outro series de 3000 para ver a que ritmo podo ir, e o resto trotes, un suave e outro medio, un descanso e un de piscina.
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Xov, 09 Mai 2013, 9:21
Asunto: Re: Diario de Franki

Luns 7: Intervalos de 400 e 200 trotando, ía para facer 14 a 1:21, pero quedei e 12 a 1:23, Castrelos está en obras e as pernas aínda cansas.

Martes 8: Trote suave, 45´

Mércores 9: Pensaba facer series largas, pero entre que Castrelos está patas arriba, e que aínda non estou recuperado de todo, optei por trotar con cambios de ritmo e polas costas de arriba do parque.

Hoxe xoves descanso e mañá venres suave...
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Ven, 10 Mai 2013, 9:57
Asunto: Re: Diario de Franki

Hoxe venres madrugón, que as obrigas familiares son sagradas, ás 5:30 en pé, para facer 10,500 en 50' minutos.

Teño as pernas aínda moi cansas, a ver que fago domingo...serei prudente.
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Dom, 12 Mai 2013, 19:24
Asunto: Re: Diario de Franki

Pois fun prudente pero debír máis, os primeiros tirei rápido de máis, pasei os 10 a 39´pero non podía ser, se me sentira canso toda a semana non podía aguantar, ao final 1:24:35. Digno pero o previsible. Polo menos non sentín molestias, só cansancio. Teño case 45 e hai que coidarse moito moito, quero seguir até os 70 polo menos

Agora a pola bici.
lybri

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
12/10/11
0 Carreiras
1287 Mensaxes
la guardia
Respostar citando Envío Dom, 12 Mai 2013, 21:16
Asunto: Re: Diario de Franki

Franki escribió:
Pois fun prudente pero debír máis, os primeiros tirei rápido de máis, pasei os 10 a 39´pero non podía ser, se me sentira canso toda a semana non podía aguantar, ao final 1:24:35. Digno pero o previsible. Polo menos non sentín molestias, só cansancio. Teño case 45 e hai que coidarse moito moito, quero seguir até os 70 polo menos

Agora a pola bici.

enhorabuena franqui, no es cualquiera el que hace 1h24' a seguir mejorando
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 18 Mai 2013, 12:39
Asunto: Re: Diario de Franki

Franki escribió:
A Maratón: esa experiencia extrema.

Despois dunha semana complicada que me impediu facer un par de sesións suaves con estiramentos completos chegamos ao sábado á noite, deitome tarde, demasiado tarde, menos mal que durmin ben o venres, á 1 da mañá entro nas sabas.

Iso si, ían ben alimentado, saín da casa con case 77 quilos, o ano pasado andaba en 75.

Érgome ás 6:15, zume de laranxa, un plátano, unhas poucas galletas e un café. Media hora camiñando rapidiño e ás 7:50 un cafe cortado na Avd.da Marina, guardarropa e a quecer un chisco, uns chimpos uns progresivos e pouco máis.

Saída detrás do globiño das 3 horas, pouco dura, póñome chulo e imos máis rápido do entrenado (para 4:15) a ver que pasa Molón .

Primeira volta ben, un minuto menos do tempo obxectivo, boas sensacións, eu nunca teño problemas de respiración, diso vou sobrado, o meu problema son as pernas lentas que teñen que dar máis.

Vou desde Oza detrás de dous cascarilleiros moi agradables que despois me deixarán atrás pero aguanto con eles a ritmos de 4:10, e paso a segunda volta más rápido, case 2:51 por baixo do ritmo obxectivo. Levo as pernas coa sensación de que non van poder chegar así até o final pero sigo o ritmo ben, aínda que non me equivocaría.

Chegamos á subida ao Millenuim e apuran e quedo só, manteño o ritmo até o paso do 35 e pico e a partir de aí comeza o sufrimento, físico e sobre todo de cabeza, e o duro que se fai o paso por Oza, sol, calor, firme, pernas agarrotadas, unllas doridas (de loito a do pé esquerdo, o ano pasado foi o dereito Bailar )... un horror.

Aguanto e non sei como, debe ser o espiritu do Maratón ou o que eu creo, motivación e amor, que axuda a ir un chisco máis aló dos que cremos son os nosos límites, e iso creo que é algo que hai que vivir se se pode, e son moi afortunado por poder facelo. Moi feliz

Superado o paso polo Inferno de Oza Demo sorrindo e a non menos dura grella de Linares Rivas, Cantóns e chegamos ao paraiso da Avenida da Marina, que fermosa, as galerias, a xente animando, aplaudindo como se fóses o primeiro, dá igual, e así até a chegada Bailar unha sensación intensa e emocionante porque remata o sufrimento e polo agradecemento da xente.

Ao pasar a meta non sei como non caín Muerto nunca sentira esa sensación de bloqueo nas pernas, é impresionante, había algún que me miraba: cae non cae? Moi feliz

Coa deda gorda do pé esquerdo de loito e as pernas mazadas pero moi satisfeito.

Disposto a recuperalas esta semana, e comezar canto antes a darlle duro á bici, xa que en menos de 5 meses, o 13 de setembro, agárdame o Medio Ironman na praia do Vao: 1,9 quilómetros nadando, 90 en bici e 21 correndo. 5 horas e media de nada, ou máis, quen sabe.

E para entreterme e ir preparándoo, as probas de Vigo: a Media de Maio, a de San Xoán, e algún triatlón ao que poida achegarme.

Parabéns compañeiro. Moi boa crónica e mellor crono. Sorte nesa preparación. MARATONIAN@S

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Xov, 15 Ago 2013, 19:06
Asunto: Re: Diario de Franki

Ola a tod@s.
Estou vivo, até final de xuño andei con problemas de sobrecarga nas pernas e deixei as carreiras aparcadas e deille pouco á bici.

Mesmo pensei en abandonar, pero non, decidinme por un neopreno spedoo no decatlhon, bici de carreiras de segunda man, scott speedstar 40, e unhas zapas con calas, e a pasar frio no mar e voar polas estradas.

Estou nadando no mar sempre que podo, últimamente case a diario, sen neopreno, para adaptarme xa que a cabeza non vai cuberta e é o que máis sufre, o resto queda medio abotargado pero non doe tanto. Estou 20-25 minutos a bo ritmo, fago 1200-1400 mts. Poñerei o neopreno algunha vez en setembro para adaptarme a nadar con el, pero en principio é máis comodo do que pensaba.

Fixen a proba do 4 de agosto no Vao, sen neopreno, cheguei de 16 e 4 na miña categoria, aínda que era a metade do que faremos o 15 de setembro, e coa calorinha das 11...

A bici, esa ruleta rusa.
Que mal o paso, só, madrugando, por esas estradas solitarias, con coches para os que es unha molestia... Estreando bici lixeira, son 9 quilos, si, xa sei que é normalinha pero afeito aos 12 da normal..., coas calas que tes que pensar como sacas o pé nun movemento antinatural, senon te esnafras. Pero aínda vivo e se mancaduras, que dure.
Estou saíndo 3 veces por semana, hoxe mesmo cheguei a facer 66 km e aproximadamente 2h e media. Tentando mellorar a posición e procurando relaxar para que o cú, brazos e hombreiros sufran o menos posíble.

As carreiras, sigo coas pernas cargadas pero creo que sen forzar e estirando ben non hai perigo, e poderei chegar a superar o Medio Ironman sen cascar ningún tendón.
Estou facendo tiradas de 70 min, progresivas, 3-4 veces á semana. A última tirei ben a segunda parte a unha media de 4:30. Sempre en estrada, con sube baixas. Non teño pensado facer series nin outras cousas, nin aumentar moito o ritmo, se aguanto así son feliz. Prefiro tentar meterlle toda a distancia que poida en bici.

E isto será para o que queda de agosto. Para os 15 días anteriores non teño decidido, nin sequera se farei a carreira das Xornadas Marisqueiras...

Saúde e ánimo a tod@s.
Franki

Maratoniano
Maratoniano
1/06/06
0 Carreiras
425 Mensaxes
Vigo - Teis
Respostar citando Envío Lun, 02 Set 2013, 8:56
Asunto: Re: Diario de Franki

Ola, chegamos a setembro, quedan 13 días.

Conseguin manter o ritmo, nadei no mar todos os días e sen neopreno, 25 minutos de frío, 1400-1500 metros. Outro tanto para recuperar a temperatura. O estómago resiste ben, facíao antes de comer, a cabeza doe uns minutos, pero rapidamente fica anestesiada, e os primeiros 15 minutos lėvase ben, aí comezo a notar máis frío pero aguanto o ritmo, se cadra na respiración entra algo de auga porque os beizos estar ateridos e non os pechas e abres correctamente.

Agora xa na metrópole visitarei a piscina 3 días á semana, para procurar un ritmo de 1:30 aos 100 durante media hora, e outros dous no mar, xa co neopreno.

A carreira a pé foi de 14 quilómetros 3 días semana, a metade final a ritmos de 4:30 aprox. Seguirei así esta semana, xa na cidade e antes de que saia o sol, agardo que non sufran demasiado os tendóns... E a que ven, dous días, un a 4:30 e outro suave.

A bici, ai a bici... Que dura é para os novatos....
Fixen 3 días á semana e 4 esta última, en 5 sesións de 56 en menos de dúas horas. Outras dúas fixen 72 kms en 2h 40m. Manteño ben o ritmo a 27-28 kmts en estradas de sube baixa, teño que probar no circuito, pero debe ser semellante ao Noia-Louro que percorrin neste caloroso agosto.

Esta semana tentarei 4 saídas, 2 curtas combinando con nadar co neopreno no Vao, e sábado e domingo a probar circuito Vigo-Ramallosa.
A semana da proba, un par de saídas suaviñas de 1h:30. Mércores e Venres. Combinado con nadar co neopreno.

A ver como vai, saúde a tod@s.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos