Ven, 06 Set 2013, 12:23
Asunto: Re: XXIX Carreira Popular Concello de Meaño [08/09/2013]
Gracias Mond.
A verdade é que o ser corredor fai que se vexan as cousas doutro xeito.
Na medida que me permite a miña colaboración con esta carreira, trato de aportar a información o máis clara e completa desde o punto de vista do corredor, que á fin de contas é o ususario final dela.
Moitas veces preséntase información dun xeito xeral, como querendo chegar a máis xente que o propio corredor, co que ó final a información ou non é clara ou non lle aclara moito ó corredor.
Aínda así atopámos de todo nesta vida. Hoxe falando coa xente do Concello, coméntanme que "unha señora"!? lles botou a bronca porque fora entrenar por o circuíto e perdeuse, porque había moitos cruces e non estaban marcados.... e perdera moita enerxía
..... Imos ter que pensar nun operativo especial para "despistaos".
Finalmente
578 inscritos!! Moitas gracias a todos. De verdade que tendo en conta a cantidade de carreiras nese día, enorgullécenos que tanta xente confíe en Meaño.
Eso sí, sempre temos algún gracioso, como un tal CR SIETE que aparece no listado de inscritos. Home, igual se chama así ou é o mismísimo Cristiano Ronaldo, e estou trabucado, pero se como imaxino é un bromista e non ven correr, finalmente terá custado a súa broma un fixo á organización por aluguer do chip e impresión do dorsal.
E logo queremos que as probas sexan gratuítas.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es