Foros ›
III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Xov, 22 Ago 2013, 12:27
Asunto: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

ATLANTICA DE ABOGADOS, organiza o Domingo día 8 de Setembro de 2013 a partir das 10:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello da Estrada o “III Memorial Manuel Bergueiro”. Esta proba é a derradeira carreira puntuable para o I Circuito “Corre A Estrada Corre”.

REGULAMENTO

1. PARTICIPANTES:

A proba estará baixo a supervisión e control de ChampionchipNorte. Poderán participar atletas federados e non federados; Establecense as clasificacións según as idades que se detallan a continuación:

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:

Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:

 PITUFOS: Atletas nados/as no 2008 e posteriores

 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.

 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.

 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.

 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001

 CADETE: Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999.

 ABSOLUTA: Atletas nados/as nos anos 1997 e anteriores.

 VETERÁN A MASCULINO: Atletas nados entre 1975 e 1966.

 VETERANA A FEMININO Atletas nadas entre 1977 e 1968.

 VETERÁN B MASCULINO: Atletas nados entre 1965 e 1956.

 VETERANA B FEMININO Atletas nadas no ano 1967 e 1956.

 VETERÁN C MASCULINO Atletas nados no ano 1955 e anteriores.

 VETERÁNA C FEMININO Atletas nadas no ano 1955 e anteriores.

3. PERCORRIDOS:

O percorrido da carreira seguirá un circuito de 3.330 metros, aproximadamente a partir da categoría xuvenil/junior/promesa, cun total de 10.000 metros. O resto das probas farase nun minicircuito de 800 metros e de 500 metros.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX

10:00 h PITUFOS 100-120 m

10:15 h PREBENXAMÍN e BENXAMÍN 500 m (1 volta circuito pequeno)

10:30 h ALEVÍN 800 m (1 volta circuito mediano)

11:00 h INFANTIL-CADETE 800 m (2 voltas ó circuito mediano). Total de 1.600 m

11:30 h XUVENIL/JUNIOR/PROMESA/SENIOR E VETERÁN 10.000 m (3 voltas ó circuito grande)

13:00 h ENTREGA DE PREMIOS

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido.

4. INSCRICIÓNS:

 ADULTOS: Ata o Mércores día 4 de Setembro de 2013 as 24:00 horas na web www.championchipnorte.com (única forma de inscrición). Se non es usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.

 ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o Mércores día 4 de Setembro de
2013 ás 14:00 horas no teléfono 986.570.030 en horario de 9:00 a 14:00 horas ou
649.704.472 e nos correos deporteaestrada @ gmail.com ou atletismoaestrada @ gmail.com.
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sen tódolos datos obrigatorios, sendo os seguintes os datos obrigatorios: Nome e apelidos, data de nacemento, teléfono de contacto e localidade de procedencia.

O PREZO da inscrición e gratuíta para os escolares.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.

Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 982.816.884.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 (horario de mañá) ou 649.704.472 ou nos correos deporteaestrada @ gmail.com ou atletismoaestrada @ gmail.com.

5. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba na Praza da Constitución, diante do Concello da Estrada, a partir das 09:00h.

CONTROL CON CHIP: As probas (agás as escolares) estarán controladas a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba (agás propietarios de chip amarelo).

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.

6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:

 CATEGORIA ABSOLUTA:

Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino.

Trofeo e premio para ós 3 primeiros/as corredores/as en cruzar a linea de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:

Proba Masculina Proba feminina

1º. Trofeo + 200€. 1º. Trofeo + 200€.

2º. Trofeo + 150€. 2º. Trofeo + 150€.

3º. Trofeo + 100€. 3º. Trofeo + 100€.

 CATEGORÍAS ESCOLARES:

Trofeo ó 1º clasificado de cada categoría feminina e masculino.
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias).
Os premios son acumulativos.

Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluto ata esgotar existencias.

7. OUTRAS CONSIDERACIÓN REGULAMENTARIAS.

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente a organización da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.

Haberá habilitado vestiarios no campo municipal da Baiuca. O horario de apertura
será a partir das 09:00 ata as 14:00.

Poderán consultar os resultados oficiais das probas nas web:

www.championchipnorte.com

www.correrengalicia.org
tito_corredor

Novo foreiro
Novo foreiro
16/01/13
0 Carreiras
41 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Lun, 26 Ago 2013, 9:43
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada)

k pasa con las inscripciones?..no aparecen abiertas
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Lun, 26 Ago 2013, 12:38
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

un problema de Championchip, dijeron que lo arreglaban en unos días.
tito_corredor

Novo foreiro
Novo foreiro
16/01/13
0 Carreiras
41 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Lun, 26 Ago 2013, 13:50
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

ok..gracias
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
493 Carreiras
3776 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2013, 21:08
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

Unha preguntiña, estou pensando ir a carreira, pero gostaríame saber se o percorrido ten moitas costas e baixadas, non me conveñen ningunha das duas para as lumbares, especialmente as baixadas.
Se facedes un breve comentario do mesmo agradeceríase.

Moitas grazas.
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1935 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2013, 23:26
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

Que pasou coas inscripcións. Na páxina de Championchip pon o seguiente:

ABSOLUTA: NADOS NO ANO 1997 E ANTERIORES. Ata o Mércores 4 de Setembro de 2013 as 24:00 horas na webwww.championchipnorte.com (única forma de inscrición).

Pero cando vou a inscribirme, no apartado inscripción, me pon o seguiente:

La inscripción en este evento no está disponible.
COMPRUEBE LAS FECHAS.


Entendo que o prazo non remata ata as 24:00 hora de hoxe, non as 0:00. Xa nos está a dar guerra a nova páxina de CCN???

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1935 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 7:00
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

maxi. escribió:
Que pasou coas inscripcións. Na páxina de Championchip pon o seguiente:

ABSOLUTA: NADOS NO ANO 1997 E ANTERIORES. Ata o Mércores 4 de Setembro de 2013 as 24:00 horas na webwww.championchipnorte.com (única forma de inscrición).

Pero cando vou a inscribirme, no apartado inscripción, me pon o seguiente:

La inscripción en este evento no está disponible.
COMPRUEBE LAS FECHAS.


Entendo que o prazo non remata ata as 24:00 hora de hoxe, non as 0:00. Xa nos está a dar guerra a nova páxina de CCN???

Solucionado!!!

Xa permite de novo as inscripcións, polo que me pudien anotar esta mañá.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 12:51
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

maxi. escribió:
maxi. escribió:
Que pasou coas inscripcións. Na páxina de Championchip pon o seguiente:

ABSOLUTA: NADOS NO ANO 1997 E ANTERIORES. Ata o Mércores 4 de Setembro de 2013 as 24:00 horas na webwww.championchipnorte.com (única forma de inscrición).

Pero cando vou a inscribirme, no apartado inscripción, me pon o seguiente:

La inscripción en este evento no está disponible.
COMPRUEBE LAS FECHAS.


Entendo que o prazo non remata ata as 24:00 hora de hoxe, non as 0:00. Xa nos está a dar guerra a nova páxina de CCN???

Solucionado!!!

Xa permite de novo as inscripcións, polo que me pudien anotar esta mañá.


Nos agrada que ya te inscribieses Sorriso
el tema de la informática ya se sabe como es, debió de caerse el servidor de Championchip, cosa en la que nosotros no podemos hacer nada.
Un saludo y hasta el domingo
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 12:52
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

Kurty escribió:
Unha preguntiña, estou pensando ir a carreira, pero gostaríame saber se o percorrido ten moitas costas e baixadas, non me conveñen ningunha das duas para as lumbares, especialmente as baixadas.
Se facedes un breve comentario do mesmo agradeceríase.

Moitas grazas.

Tiene una bajada de unos 100 metros aprox bastante inclinada, el resto es llano o con pendiente pero siempre es llevadera si no fuerzas la máquina. (3 vueltas, por lo que 3 bajadas)

Un saludo
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
493 Carreiras
3776 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 21:28
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

[quote="maRKis.puga"]
Kurty escribió:
Tiene una bajada de unos 100 metros aprox bastante inclinada, el resto es llano o con pendiente pero siempre es llevadera si no fuerzas la máquina. (3 vueltas, por lo que 3 bajadas)

Un saludo

Moitas grazas por respostar, xa estou anotado, a verdade que o fixen antes de ver a tua resposta. Xa que estou un pouco en débeda con esta carreira, xa que me anotara na sua 1ª edición, pero correra o día antes o Cross de Broña e tivera unha pequena lesión, e xa non puiden ir, así que este Domingo espero ser da partida.
seoane

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/07
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Set 2013, 17:19
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

IMPRESIONANMTE ¡¡¡ carreira das mellores de Galicia
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
493 Carreiras
3776 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Set 2013, 20:56
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

Boa carreira a de onte na Estrada, nunca a correra e hai que felicitar a organización polo tremendo despliegue que fixeron, tanto de Policía Local, Protección Civil e voluntariado. Todas as ruas pechadas o tráfico, e nas que non un carril para os corredores.
Ademáis fixenlle duas consultas a 2 menbros da organización, e foron moi atentos e amables.

No relativo o percorrido, non me gustou, xa que era dar 3 voltas polo pobo (non me gustan os circuitos), en teoría de 3330 mts. pero a min, sen subirme por ningunha acera, (debín ser dos poucos que non o fixo) doume 9400 mts. ainda que creo que nun lugar do mesmo perdíase o sinal do GPS.

Respecto a miña carreira, como o meu obxetivo, despois do parón é ir collendo fondo; antes da carreira fixen pouco máis de 4 Kms, así que saín moi tranquilo a 1ª e 2ª volta e na 3ª, xa lle dín moita máis caña, para un total de 40'48".
zatopek

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
1/11/07
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 10 Set 2013, 9:36
Asunto: Re: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13

segundo o meu infalibel metodo de medida, eran 9650 metros.

queria darlle as grazas ao encargdo de deportes do concello da estrada pola sua amabilidade e paciencia. volverei sen dubida o ano que ven





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos